O alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron un obradoiro de lectura en Braille. Para introducirlos no tema, dende o grupo de formación elaborouse un díptico coa información máis relevante da orixe do sistema Braille. Aproveitouse a hora de ler para traballar a información.
Dende o grupo tamén elaboramos os caxetíns de braille con material de refugallo para que o alumnado puidera manipulalo.
A través dunha presentación con diapositivas, alternouse a teoría con xogos e retos. O alumnado foi construíndo o abecedario no seu caxetín. Ao final foron quen de formar palabras entre todos, traducir varias do braille a letra impresa e viceversa.
Foi moi interesante para todos!
xoves, 25 de marzo de 2021
BRAILLE
mércores, 24 de marzo de 2021
luns, 22 de marzo de 2021
DÍA DA POESÍA: UN TERRITORIO DE POESÍA
21 de marzo, Día da Poesía.
No CEIP de Quiroga recordamos a poetas do Xeoparque Montañas do Courel.
Un territorio de poesía
martes, 9 de marzo de 2021
DIA INTERNACIONAL DA MULLER. 8 DE MARZO
Conmemoramos o día da muller cunha gran exposición de mulleres pioneiras en diversos ámbitos: cultura, deporte, feminismo, ciencia... As mulleres coas súas biografías estaban agrupadas en flores e cada muller nun pétalo. As cores indicaban o ámbito polo que salientaron. Pódense ver todas as fotos premendo na imaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)