martes, 13 de marzo de 2018

Fotos PDI: Camiño de Santiago de Inverno

Xa temos as fotos do "photo call" tomadas na biblioteca, onde todos os alumnos e alumnas saíron caracterizados como peregrinos. No seguinte enlace podedes velas por clases:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipquiroga/node/798



DIA INTERNACIONAL DA MULLERr

Conmemoramos O Día da Muller coa nosa Árbore da Igualdade. Grazas ao Centro de Información a Muller do Concello de Quiroga que organizou esta estupenda actividade de concienciación entre o noso alumnado.

SEMANA DA PRENSA

Conmemoramos a semana da prensa. Traballamos con xornais nas aulas, fixemos unha exposición na biblioteca con exemplares aportados por mestres/as e alumnos/as e os máis pequenos traballaron co conto “O homiño de papel” e xornais.

luns, 5 de marzo de 2018

PREMIO BIBLIOTECA PROVINCIAL DE LUGO



A alumna de 4º de primaria María Vila Rochela obtivo o premio provincial de poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Provincial de Lugo. Maria resultou gañadora na fase local e despois tamén na fase provincial do certame. Esta actividade  forma parte da colaboración habitual que a Biblioteca do CEIP mantén coa Biblioteca municipal.

Parabéns María!