martes, 26 de outubro de 2021

A TÉCNICA DO ESGRAFIADO EN 1º E 2º DE EP

Sabedes o que é un esgrafiado? O noso alumnado de primeiro e segundo estivo traballando esta técnica decorativa que aparece en moitos lugares da Ribeira Sacra. Fixeron un esgrafiado ao seu gusto sobre un debuxo inspirado na Casa do Carteiro de Montefurado. Unha das casas máis bonitas do percorrido do Camiño de Inverno no noso concello. Espectacular!

 





mércores, 20 de outubro de 2021

REINTERPRETACIÓN DOS MURAIS DE QUIROGA DO AUTOR MON DEVANE

Os alumnos e alumnas de segundo de primaria traballaron a temática do Camiño de Santiago e a Ribeira Sacra a través das olivas da nosa zona. Xogaron coas súas cores favoritas para reinterpretar os debuxos dos murais de Quiroga do autor Mon Devane, coas súas caras. Aquí podedes ver parte dos seus traballos.






PRIMEIROS PASOS EN SCRATCH

 O pasado venres, os nenos e nenas de 5º de EP deron os primeiros pasiños na programación en Scratch. Buscaron diferentes escenarios, personaxes e iniciaronse na linguaxe da programación. 

Tamén empregaron os lápices 3D para comezar a diseñar a súa mascota de aula, a vaca "Vaquigrina". 

Estade atentos! Pronto ensinaremos o seu diseño





.

venres, 15 de outubro de 2021

CREDENCIAL PARA O PROXECTO: QUIROGA NA RIBEIRA SACRA

Presentamos as redenciais que teñen que encher os alumnos/as do cole para acadar o título de experto no proxecto "Quiroga na Ribeira Sacra"

martes, 12 de outubro de 2021

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO. CURSO 2021-2022: QUIROGA NA RIBEIRA SACRA

 Este curso que comenzamos traballaremos cun novo PDI titulado: "Quiroga na Ribeira Sacra" con el pretendemos  que a comunidade educativa coñeza o patrimonio da nosa contorna inmediata desde unha visión integradora e vinculada ao territorio e que, de xeito participativo, contribúa á súa conservación e difusión e idee estratexias de recoñecemento público e promoción dos seus recursos. Deste xeito, constitúe unha estratexia contextualizada para a valorización e preservación deste patrimonio a longo prazo e, polo tanto, de desenvolvemento sustentable. 

Este proxecto impulsado dende o Equipo de Biblioteca será traballado por todas as titorías e especialidades do colexio, dentro dun programa de Educación Patrimonial do Plan Proxecta da Consellería de Educación.





luns, 11 de outubro de 2021

CHARLA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS DO PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

O mércores, día 6 de outubroa, estivo no colexio Ramón Peña, formador da garda civil da comandancia de Lugo, quen impartiu unha charla ao alumnado de quinto e sexto de primaria sobre os perigos das novas tecnoloxías. Esta actividade enmárcase dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. Sen dúbida foi unha charla moi interesante e moi necesaria para o alumnado destas idades.