xoves, 17 de outubro de 2013

En busca de mascota para a Biblioteca

Necesitamos un nome e unha mascota e gustaríanos contar coa túa axuda, por iso convocamos un
 CONCURSO DE MASCOTAS PARA A BIBLIOTECA DO COLEXIO.
C  Poderán participar todos os nenos e todas as nenas do colexio xunto coas súas familias, se o desexan.
C Cada alumno (e familia) só poderá presentar unha mascota.
CA mascota pode ser, un animal, un personaxe, un obxecto ...
C A mascota poderase entregar en calquera formato: pódese debuxar, deseñar por ordenador... como se queira. A única condición é que ten que estar relacionada coa lectura, os libros, os contos, as bibliotecas…
C Os traballos deben ir acompañados co nome e o curso do autor
así como CO NOME DA MASCOTA.
C Todos os traballos seleccionados, expoñeranse na Biblioteca do colexio, así como na páxina Web.
C Os traballos entregaranse a cada titor antes do día 31 de outubro.
C O Equipo da biblioteca decidirá que traballo é o gañador entre todos os seleccionados
C O gañador/a do concurso terá os seguintes premios:
·         O recoñecemento oficial do centro como autor/a da mascota de biblioteca
·         Un libro
·         Ter o honor de asinar no Libro de Honra da Biblioteca.

           ÁNIMO E SORTE!    

mércores, 9 de outubro de 2013

Ler ciencia na biblioteca escolar


En breve chegará aos centros o cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL (Internatioanl Association of School Librarianship). A biblioteca escolar é unha biblioteca específica e así se recolle na actual Lei de bibliotecas de Galicia, no seu artigo 31. Polos seus obxectivos, polos serivzos que presta á comunidade educativa, polo seu funcionamento, a biblioteca escolar, concebida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, xenera contextos educativos fértiles para a adquisición de competencias clave para o alumnado que medra na sociedade da información e contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo
O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é dePATRICIA CASTELAO.
Por outra parte, a incorporación do profesorado dos departamentos de ciencias aos equipos de biblioteca, diversifica as posibilidades de intervención da mesma e favorece o deseño de actividades plurais en contidos e imprescindibles para o desenvolvemento de todas as competencias básicas.
A biblioteca ten na ciencia unha fonte riquísima para realizar propostas de carácter interdisciplinar, que debe aproveitarse para que este tipo de actividades vaia callando en todo o profesorado e facilite realmente o desenvolvemento do currículo en todas as áreas e materias. É unha oportunidade  tamén para avanzar nas estratexias de comprensión lectora de todo tipo de textos, e moi especialmente, un desafío para mellorar as habilidades de uso, selección e produción de información en todos os soportes, moi especialmente os recursos electrónicos. Aprender a valorar a información que se atopa en internet con criterios de credibilidade, veracidade, cientificidade, etc., é imprescindible para o noso alumnado; identificar, por exemplo, a pseudociencia entre a inxente cantidade de contidos audiovisuais que circulan por internet resulta difícil (ás veces incluso para os adultos), pero só a alfabetización mediática e informacional pode dotalos de recursos para poder facelo. 

Voluntariado de lectura


A formación do alumnado en actitudes solidarias e de compromiso co seu entorno máis próximo, pero tamén co mundo no que vive e coa sociedade na que está integrado, pode facerse desde varios ámbitos (a ecoloxía e o medio ambiente, a saúde, a mediación para a convivencia, a coeducación, a igualdade, a implicación na cultura de Paz ou de defensa dos Dereitos Humanos, a educación en valores en xeral), sendo este ámbito da biblioteca e da lectura, unha posibilidade ao alcance de todos os centros que contan cunha biblioteca activa como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica no Portal Educativo unha iniciativa pola que se estimula o voluntariado cultural relacionado coa lectura en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta proposta,Voluntariado de lectura - A, vai destinada ao alumnado de 3º Ciclo de Ensino Primario que se implica directamente en labores de colaboración coa biblioteca escolar, ou que participaactivamente, xunto co profesorado do Equipo de biblioteca,  no deseño, organización e realización de actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro. Os centros que conten con alumnado colaborador ou que programen actividades de lectura compartida poderán inscribirse antes do 31 de outubro nesta iniciativa.  ACCESO Á CONVOCATORIA
Colabora con esta iniciativa a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado