mércores, 9 de outubro de 2013

Voluntariado de lectura


A formación do alumnado en actitudes solidarias e de compromiso co seu entorno máis próximo, pero tamén co mundo no que vive e coa sociedade na que está integrado, pode facerse desde varios ámbitos (a ecoloxía e o medio ambiente, a saúde, a mediación para a convivencia, a coeducación, a igualdade, a implicación na cultura de Paz ou de defensa dos Dereitos Humanos, a educación en valores en xeral), sendo este ámbito da biblioteca e da lectura, unha posibilidade ao alcance de todos os centros que contan cunha biblioteca activa como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica no Portal Educativo unha iniciativa pola que se estimula o voluntariado cultural relacionado coa lectura en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta proposta,Voluntariado de lectura - A, vai destinada ao alumnado de 3º Ciclo de Ensino Primario que se implica directamente en labores de colaboración coa biblioteca escolar, ou que participaactivamente, xunto co profesorado do Equipo de biblioteca,  no deseño, organización e realización de actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro. Os centros que conten con alumnado colaborador ou que programen actividades de lectura compartida poderán inscribirse antes do 31 de outubro nesta iniciativa.  ACCESO Á CONVOCATORIA
Colabora con esta iniciativa a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Ningún comentario:

Publicar un comentario