Amosando publicacións coa etiqueta Benestar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Benestar. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de maio de 2025

VISITA AO CENTRO DE DÍA

O Centro de Día acolleu esta mañá un animado encontro interxeracional ao que acudían alumnos e alumnas do CEIP de Quiroga.
Os alumnos participantes, os de 5º e 6º de primaria, que se achegaron ata o centro acompañados dos seus profesores, foron convidados a unha merenda. Ben merecida despois de ir andando ata o centro de maiores nunha xornada de intensa calor.
E tras repoñer forzas comezouse coa actividade preparada para o encontro. O alumnado adicoulle aos residentes varias cancións que cantaron acompañados polos instrumentos que realizaron recentemente nun obradoiro coa Fundación Legar.
No repertorio musical, todas cancións galegas ben coñecidas, contaron co acompañamento dos maiores que remataron intercambiando papeis e foron os residentes os que lle cantaron aos nenos e nenas “A saia da Carolina” co acompañamento dos máis novos.
Para agradecer a visita, na que a música tradicional uniu xeracións moi distantes no tempo e na educación escolar, agasallos para os alumnos: caramelos e un marcapáxinas elaborado polos usuarios do Centro de Día.







martes, 14 de xaneiro de 2025

OBRADOIRO SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E NOVO CONTEXTO DIXITAL

O Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga organizou un obradoiro sobre "Violencia de xénero e novo contexto dixital", que foi impartido por Pantallas Amigas. Esta actividade estivo financiada pola Dirección Xeral da loita contra a violencia de xénero, da Xunta de Galicia.




luns, 21 de outubro de 2024

ACTIVIDADE DE IGUALDADE: ESPAZOS COHABITADOS

Durante este mes tivemos a visita de Branca de Outonía coa súa “Incubadora de espazos cohabitados”. Mediante esta actividade subvencionada pola ANPA todo o alumnado do centro recibiu obradoiros sobre igualdade e diversidade, afondando no concepto de corpo-territorio como inicio da relación das crianzas consigo mesmas e coa contorna.