xoves, 20 de marzo de 2014

GUÍA DE POESÍA DE 3 A 8 ANOS

Galicia celebra o Día Internacional da Poesía coa presentación da guía para promover a lectura da poesía nos máis pequenos.


Podedes ver esta Guía, publicada pola Consellería de Cultura, Educación e OU, no seguinte enlace: 

http://biblioceipquiroga.blogspot.com.es/

venres, 14 de marzo de 2014

XOGAMOS COA POESÍA

No mes de marzo o Equipo de Biblioteca  invítavos a xogar coa poesía.
O día 21 marzo é o día da poesía, por eso convocamos un concurso de poesía , no que poderedes participar utilizando diferentes técnicas que poñemos a vosa disposición.:
· Acrósticos;
· Nome + adxectivo
· Rimamos nomes
· Rimando parellas de palabras
· Que? Como? Onde?, Quen?
· Onde? Cando? Como? Que fixo? Con quen?
· Caligramas ou poemas visuais
· Pictogramas …
A poesía debe entregarse nun folio e pode incluír un debuxo ilustrativo.
Pode estar escrita a man ou en ordenador
No mismo folio figurará o nome do autor e o curso.
O prazo de presentación de traballos remata o día 19 de marzo.
Os tres mellores traballos recibirán un diploma no festival de fin de curso.

  21 de marzo: Día mundial da poesía

xoves, 13 de marzo de 2014

Fotos da conmemoración do Día da Muller:





CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER

O día 7 de marzo, venres,  a directora do Centro de Información a Muller, Marisa, visitou a nosa Biblioteca para desenvolver actividades dirixidas a conmemorar o "Día Internacional da Muller". Así, os alumnos do 2º ciclo puderon ver unha presentación en diapositivas sobre mulleres importantes da historia e  debatir sobre o papel das mulleres ao longo do tempo. 
Os alumnos do 3º ciclo viron unha preciosa película titulada "Binta y la gran idea" Binta  e seu pai,  un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocurriu (a gran idea). 

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

    Os días 6 e 11 de marzo, a nosa Biblioteca acolleu dúas charlas dirixidas, aos alumnos de 3º ciclo, a primeira delas; e ás familias do alumnado de todo o colexio, a segunda. A temática destas charlas foi o perigos de internet e as novas tecnoloxías e foron impartidas por un experto da Garda Civil, D. Ramón Peña.  Ambas charlas foron consideradas moi interesantes e valoradas moi positivamente por todos/as