venres, 14 de marzo de 2014

XOGAMOS COA POESÍA

No mes de marzo o Equipo de Biblioteca  invítavos a xogar coa poesía.
O día 21 marzo é o día da poesía, por eso convocamos un concurso de poesía , no que poderedes participar utilizando diferentes técnicas que poñemos a vosa disposición.:
· Acrósticos;
· Nome + adxectivo
· Rimamos nomes
· Rimando parellas de palabras
· Que? Como? Onde?, Quen?
· Onde? Cando? Como? Que fixo? Con quen?
· Caligramas ou poemas visuais
· Pictogramas …
A poesía debe entregarse nun folio e pode incluír un debuxo ilustrativo.
Pode estar escrita a man ou en ordenador
No mismo folio figurará o nome do autor e o curso.
O prazo de presentación de traballos remata o día 19 de marzo.
Os tres mellores traballos recibirán un diploma no festival de fin de curso.

  21 de marzo: Día mundial da poesía

Ningún comentario:

Publicar un comentario