martes, 27 de abril de 2021

MURAL DÍA DO LIBRO

 O venres, día 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro. Todos os alumnos e alumnas do colexio debuxaron ao seu personaxe literario favorito.

 


 

luns, 26 de abril de 2021

domingo, 25 de abril de 2021

AMOR POLA LECTURA

Durante a Semana do Libro, o alumnado de sexto, quinto, cuarto e terceiro estreou os bolígrafos de impresión 3D, creando uns marcapáxinas con forma de corazón. Resultou moi interesante esta primeira toma de contacto con este utensilio co que podemos crear múltiples obxectos. Por aquí vos deixamos algunhas imaxes do proceso e o resultado. Agardamos que vos gusten! 








sábado, 3 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o #Autismo, o profesorado do CEIP de Quiroga sumàmonos á campaña Podo Aprender, Podo Traballar, que pon o foco na educación e o emprego, ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación activa na sociedade. Reivindicamos máis apoios que fagan posible que as habilidades das persoas con TEA podan desenvolverse dende o ámbito educativo ata o seu acceso ó mundo laboral.
Federación Autismo Galicia