Con motivo de celebración da Semana da Prensa, visitounos na biblioteca do colexio Carlos Julio González, exalumno do CEIP, onde cursou as etapas de educación infantil e primaria. Carlos, creador do blog “Diario de Quiroga”, vén traballando en distintos medios de comunicación como o xornal “ El Progreso”, a TVG en “ Galicia en goles”, a RTM de Quiroga, Onda cero Valdeorras …
Carlos explicou ao alumnado de quinto e sexto de primaria como se fai un xornal, como se edita e se
publica cada día, e cales son as súas seccións. Os nenos e nenas poideron poñer en práctica estas ensinanzas, elaborando o seu propio xornal. Moitas grazas, Carlos, por tan extraordinaria exposición e posterior actividade, e benvido ao teu cole!!
Pódense ver as fotos da actividade premendo na imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario