Este curso, dende a biblioteca do CEIP de Quiroga, impulsamos o proxecto documental integrado (PDI) "Castrexos e romanos". O punto de partida do noso proxecto foron unha serie de charlas impartidas aos alumnos e alumnas polo técnico de cultura do concello e director dos museos da vila, Ramón Vila Anca.
Ramón guiounos, a través dunha serie de diapositivas comentadas por el, polos vestixios castrexos e romanos da nosa contorna. Os alumnos e alumnas aprenderon a valorar o noso valioso patrimonio castrexo-romano, que para a maioria deles era descoñecido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario