Chegamos ao fin do noso Proxecto Terra e do noso PDI: Un territorio con moita Historia.
Este curso aprendimos moito da nosa contorna, das edificacións que albergaron a historia da nosa zona, os costumes ou o hábitat a través das épocas…
Todo o que aprendimos decidimos plasmalo nun xogo de mesa ao máis puro estilo do Xogo da Oca e cun protagonista moi especial: o Meco.
Un taboleiro que nos leva polos lugares e protagonistas máis destacados do noso Xeoparque ao longo da Historia.
Aqui tedes o Xogo do Meco en dúas modalidades: unha elaborada polo alumnado de infantil ata terceiro de educación primaria e outra de cuarto a sexto.
Agardamos que vos guste e non esquezades botar unha partida en familia nas versións “en liña”
Taboleiro en liña dos peques
Taboleiro en liña dos maiores
Ningún comentario:
Publicar un comentario