Alumnado de 5º e 6º que forman parte do voluntariado da biblioteca colaborarou na presentación do último libro da escritora Celia Díaz Núñez o día 9 de febreiro na Biblioteca Pública Municipal. A súa colaboración consistiu nunha lectura dramatizada de varios capítulos do libro, unha obra de teatro infantil, que leva por título: "O castelo de Pena Redonda o máis tolo da contorna". Os alumnos que leron son alumnos voluntarios da biblioteca do CEIP de Quiroga: Nacho e Natalia de 6º de EP e Nadia e Manuel Antonio de 5º de EP. Esta actividade foi enmarcada no programa Bibliotecas solidarias na actuación Ler con...F:
Ningún comentario:
Publicar un comentario