O día 8 de novembro conmemoramos o Magosto comendo riquísimas castañas asadas. Ramón, o noso conserxe, asounos as castañas para que despois puidésemos comelas todos e todas. Tras esta rica merenda, levamos a cabo diferentes xogos populares como por exemplo: a corda, a carreira de sacos, o pañuelo, a bomba... entre outros moitos xogos dos que puidemos desfrutar. A continuación deixamos unhas fotos deste día tan divertido:
Ningún comentario:
Publicar un comentario