martes, 16 de abril de 2024

ROTEIRO LITERARIO. 5ª E 6ª DE EP. DÍA DO LIBRO.

Durante toda a mañá do luns, 15 de abril, o alumnado de 5° e 6° de primaria realizou un Roteiro Literario por diferentes rúas e prazas de Quiroga achegándose ata a igrexa de Hospital. Ao longo do percorrido as rapazas e rapaces foron recitando unha escolma de poemas de diferentes escritoras e escritores quirogueses e doutros que tiveron relación con estas fermosas terras.

Nesta saída contamos, unha vez máis, co acompañamento como guía de Ramón Vila e, ademais, tivemos a gran sorte de contar tamén coa presenza excepcional do historiador Xosé Estévez, que foi amigo personal do escritor Manuel María e de Ernesto Guerra Dacal, así como profundo coñecedor das escritoras e escritores do Roteiro.
Foi un auténtico privilexio contar con estas dúas persoas expertas coas que o alumnado se achegou un pouco máis ao importante patrimonio da nosa contorna.











Ningún comentario:

Publicar un comentario