Hoxe o noso alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha charla moi especial dentro do Plan Director da Garda Civil.
O tema central foi o acoso escolar, unha realidade que debemos previr e combater entre todos. Os estudantes aprenderon a identificar estas situacións e a importancia de pedir axuda e apoiar aos seus compañeiros.
Actividades coma esta reforzan valores de respecto, empatía e convivencia, fundamentais para medrar nun entorno seguro e positivo.




Ningún comentario:
Publicar un comentario