sábado, 30 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR: A LÚA

 Mes da Ciencia na biblio!! O alumnado do 1º ciclo anda  moi ocupado investigando e aprendendo cousiñas do universo. Os nenos de 2º fixéronse expertos na lúa e quixeron compartir todo o que sabían cos seus compañeiros de 1º. Un obsevatorio luar, unha ruleta das fases da lúa e as placas Maquey programadas, eses foron os recursos. O mellor coma sempre, foi a colaboración entre eles e o compromiso pola actividade. Agora todos sabemos un pouquiño máis do noso satélite.




venres, 29 de novembro de 2024

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 Actividade inicial ou de motivación para iniciar uo proxecto de ciencias. A luz negra como elemento principal para adentrarnos no universo ; e, como sempre, a nosa biblio como centro de recursos.



xoves, 28 de novembro de 2024

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia Machista, as traballadoras do Centro de Información a Muller do concello de Quiroga estiveron no colexio o xoves e o venres da semana pasada para realizar unha serie de actividades de concienciación sobre esta lacra social. As nenas e nenos de infantil e primaria, axudados por Esther, Marisa e as súas mestras, elaboraron pancartas con distintos debuxos e lemas conmemorativos. Con esas pancartas hoxe desfilamos todos e todas pola Rúa Real ata a casa consistorial, onde tivo lugar unha concentración de repulsa contra a violencia cara as mulleres. A continuación a concelleira de igualdade deu lectura a un manifesto, despois representantes de todas as clases de primaria leron os textos reivindicativos de cada clase.

Podedes ver as fotos da actividade premendo na imaxe:



luns, 18 de novembro de 2024

ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN ESCRITA: SAMAÍN

 No Samaín, ademais de encher o colexio de caldeiros de meigas arripiantes, a biblioteca organizou un certame de creación literaria, onde o alumnado de primaria, a partir dun dado con lugares e materiais do Xeoparque, tiña que crear conxuros de bruxas.  Aquí tedes o terroríficos que quedaron.





mércores, 13 de novembro de 2024

O MAGOSTO

O día 8 de novembro conmemoramos o Magosto  comendo riquísimas castañas asadas. Ramón, o noso conserxe,  asounos as castañas para que despois puidésemos comelas todos e todas. Tras esta rica merenda, levamos a cabo diferentes xogos populares como por exemplo: a corda, a carreira de sacos, o pañuelo, a bomba... entre outros moitos xogos dos que puidemos desfrutar. A continuación deixamos unhas fotos deste día tan divertido:


















 


mércores, 6 de novembro de 2024

OBRADOIRO DE COLARES DE ZONCHOS

 O alumnado de infantil está inmerso no proxecto do centro ARTE-SAN , centrándose nestas derradeiras semanas nun produto tan típico da nosa contorna como é a castaña. Contamos coa visita dos artesáns de Caurelor cos que fixemos un obradoiro de colares de zonchos, nome co que se denomina ás castañas cocidas. Ensináronnos esta marabillosa tradición que se está a perder e contáronnos a lenda que as envolve, como amuletos protectores fronte aos espíritos da noite de Samaín.