Na mañá do pasado venres, día 25 de outubro, o alumnado de 5° e 6° de primaria realizou unha visita ao Museo Etnográfico de Quiroga. Esta visita enmárcase dentro das actividades programadas neste curso para afondar no coñecemento da artesanía do noso territorio. O alumnado puido observar utensilios propios desta zona que foron empregados para os labores do campo e para diferentes oficios hai anos polos nosos antegos e que, na actualidade, practicamente quedaron en desuso. Cada unha das seccións (a cultura do viño, a lareira, a aldea, a madeira,...) foi explicada pola guía do museo, Mari Carmen, e o alumnado participou facendo preguntas e escoitando relatos dos quefaceres diarios doutros tempos.
Con esta saída, xunto con outras actividades, pretendemos poñer en valor o noso pasado, o noso territorio, os nosos oficios, as nosas xentes. En definitiva, as nosas raíces.
Podedes ver as fotos da visita premendo na imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario