venres, 20 de decembro de 2024

CANTIGAS DE REIS

O Equipo de Biblioteca xunto co equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxeron a recompilación de Cantigas de Reis propias da zona de Quiroga que, sobre todo, os máis maiores coñecen e que consideramos como unha gran riqueza cultural.

Por isto, os nenos e as nenas fixeron unha magnífica recompilación das cantigas tradicionais de reis, as cales podedes escoitar no vídeo que aquí vos compartimos.

Grazas a todos e a todas pola vosa participación e implicación!!




venres, 6 de decembro de 2024

OBRA DE TEATRO SOBRE CASTELAO

 O día 4 de decembro todo o centro acudiu ao auditorio municipal para ver a representación da obra "Castelao". Esta actividade foi organizada pola área de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga en colaboración coa área de cultura de Vicepresidencia 1º da Deputación Provincial e o CEIP de Quiroga. 

Nesta representación divertida á par que reflexiva, falóusenos sobre a última tarde que Castelo pasou en Rianxo antes de coller o barco para ir a Arxentina coa súa nai. O texto da mesma é de Paula Carballeira, a dirección de Fina Calleja e en escea, Mónica Camaño e Cris Collazo, quenes amosan na obra a un Castelao de 8 anos na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro.


                                   




mércores, 4 de decembro de 2024

DÍA DA DISCAPACIDADE

 O día 3 de decembro celebramos o Día Internacional da discapacidade. Durante esa semana realizamos con todosos cursos diversas actividades de sensibilización, nas que nos poñiamos no lugar das persoas con algunha discapacidade. Fixemos talleres sensoriais e xogamos aos xogos paralímpicos da Boccia e o voleibol sentado.

martes, 3 de decembro de 2024

OBRADOIRO DE MINDFULNESS

 O alumnado de 6º de primaria tivo hoxe a última sesión , das catro programadas, do obradoiro de mindfulness, ioga, meditación guiada e psicoloxía positiva. Nelas os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de coñecer e poñer en práctica ferramentas paraxestionar as súas emocións, mellorar a concentración e fomentar unha actitude positiva.



sábado, 30 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR: A LÚA


 Mes da Ciencia na biblio!! O alumnado do 1º ciclo anda  moi ocupado investigando e aprendendo cousiñas do universo. Os nenos de 2º fixéronse expertos na lúa e quixeron compartir todo o que sabían cos seus compañeiros de 1º. Un obsevatorio luar, unha ruleta das fases da lúa e as placas Maquey programadas, eses foron os recursos. O mellor coma sempre, foi a colaboración entre eles e o compromiso pola actividade. Agora todos sabemos un pouquiño máis do noso satélite.




venres, 29 de novembro de 2024

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 Actividade inicial ou de motivación para iniciar uo proxecto de ciencias. A luz negra como elemento principal para adentrarnos no universo ; e, como sempre, a nosa biblio como centro de recursos.