Hoxe conmemoramos o Día dasLetras Galegas deixámosvos un folleto informativo sobre o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Nel podedes ler a súa biografía en forma de rap e imaxes dalgunhas das súas obras.
O día 4 de maio, lanzamos nas redes sociais e na web do colexio o reto de adiviñar os nomes dos principais animais do Xeoparque Montañas do Courel en lingua de signos a traves dunha foto dos mestres e mestras do colexio signando estes nomes.
Hoxe, día 9 publicamos as solucións a este reto. Podedes ver as fotos pulsando no ENLACE
Dende o noso colexio queremos propoñervos esta actividade para o Día das Letras Galegas. É unha actividade sacada da web Primavera das Letras, e que pensamos que é moi apropiada para axudarnos a levar un pouco mellor estos días, posto que nos temos que imaxinar nalquel lugar no que nos encantaría estar e redactalo ou debuxalo.
Se non dispoñedes de impresora podedes facelo en folio, e enviarllo ao mail das vosas titoras escaneado ou por fotografía. O prazo é ata o 8 de maio.
Este curso toca conmemorar o Día do Libro dende os nosos fogares. Son días difíciles pero grazas á literatura podemos viaxar, soñar e imaxinar. Porque os libros son, en definitiva, unha ventá ó mundo.
Neste vídeo recompilamos as fotografías do alumnado e o profesorado co noso libro favorito. O que máis nos axudou a evadirnos, co que máis desfrutamos, co que máis aprendimos ou... o que nos gustaría compartir!
Son tempos de compartir virtualmente e á espera de volvernos xuntar para ler e contar, aquí vos deixamos as nosas recomendacións literarias. Moito ánimo a todos e non deixedes de ler!