martes, 19 de decembro de 2017

O NADAL E O CAMIÑO DE INVERNO

No noso colexio chegou o Nadal e xa están listas as postais dos diferentes cursos. A decoración do centro, incluida a árbore, inspirouse este año no PDI: O Camiño de Inverno.







venres, 1 de decembro de 2017

ACTIVIDADE DO PDI: CHARLA DE AIDA MENÉNDEZ LORENZO SOBRE O CAMIÑO DE INVERNO

O día 29 de novembro contamos coa presenza na nosa biblioteca de Aida Menéndez Lorenzo, gran coñecedora e impulsora do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela. Aida Menendez Lorenzo é a presidenta da asociación Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra e é autora da “Guía del Camino de Invierno a Santiago”. Aida ofreceu aos alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de primaria unha agradable e didáctica charla sobre o Camiño de Inverno. Esta actividade é unha máis das organizadas polo equipo de biblioteca, dentro do proxecto documental integrado (PDI) sobre o Camiño de Inverno, proxecto que se enmarca tamén na actuación sobre educación patrimonial do Plan Proxecta da Consellería e Educación.













DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na biblioteca tamén conmemoramos o día internacional contra a violencia de xénero, para iso contamos coas traballadoras do Centro de Información a Muller do concello de Quiroga, Marisa e Lucía, que concienciaron ao alumnado a través de varias actividades, que culminaron nunha gran fotografía no patio do colexio onde os alumnos e alumnas levantaron as mans negras, con mensaxes contra a violencia, previamente elaboradas na biblioteca do centro.




















xoves, 16 de novembro de 2017

ACTIVIDADES DO PDI SOBRE O CAMIÑO DE INVERNO

Dentro das actividades do PDI da Biblioteca: Todos os camiños levan a Santiago... tamén o de inverno", elaboramos unha credencial para todos os alumnos e alumnas do centro que terán que ir sellando na biblioteca a medida que vaian realizando actividades en relación ao PDI. Unha vez selladas as 20 etapas o obxectivo estará conseguido: ser expertos coñecedores do Camiño de Inverno. Outra actividade en colaboración con Equipo de dinamización da lingua galega, e coincidindo co Samaín, foi o certame de "Contos de medo no Camiño de Inverno", para todo o alumnado de primaria. O equipo de biblioteca elaborou unha plantilla para redactar os contos.





xoves, 26 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

O martes, día 24 de outubro, conmemoramos o Día das bibliotecas e aproveitamos para levar a cabo a formación de usuarios correspondente a este curso 2017-2018. As mestras e mestres do equipo de biblioteca proxectamos unha presentación de diapositivas aos cursos de primaria: que é unha biblioteca?, como se ordenan os libros nunha biblioteca?, como se interpreta a etiqueta dun libro?, a CDU, cales son as normas da biblioteca, como funciona o servizo de préstamo na biblioteca?... 
Tamén repartimos a credencial que elaboramos para sellar cada unha das etapas que imos facer ao longo do curso en relación ao PDI sobre o Camiño de inverno. Cada unha das actividades que se fagan será rexistrada co selo da biblioteca na credencial de cada alumno/a, co obxectivo de chegar a fin de curso con vinte actividades selladas e conseguir así ser expertos no Camiño de inverno.