luns, 13 de outubro de 2025

VISITA Á CASA DA FONTE

 No día de hoxe o alumnado de segundo ciclo viviu unha xornada moi enriquecedora en “Casa da Fonte”, en Pantón.

Alí desfrutaron vendo de cerca cabalos, vacas, porcos… e ata un pavo real! 🦚
A ANPA ofreceunos a posibilidade de realizar esta actividade dentro do programa “Da Granxa á Escola” onde ademais de achegarnos ao mundo animal e á gandería ecolóxica, o alumnado puido desfrutar dun obradoiro onde elaboraron a súa propia manteiga.




sábado, 4 de outubro de 2025

PDI: MONTAÑAS DE COUREL, UN XEOPARQUE EN VERDE

 MONTAÑAS DO COUREL: UN XEOPARQUE EN VERDE

Chega outubro 🍂 e con el chega a presentación do noso PDI (Proxecto Documental Integrado)
A situación de emerxencia vivida no final do verán por mor dos incendios en Galicia, e en especial no noso concello, fixo que considerásemos necesario este curso un estudo centrado na unión da educación ambiental, a valoración do patrimonio e a educación física arredor da contorna.
Disto naceu “Montañas do Courel: Un xeoparque en verde”, un PDI onde o alumnado a través de diferentes actividades conseguirá obxectos neste xogo para eliminar as lapas que asolan Quiroga ata deixalo totalmente verde.
Agardamos que vos guste e que entre todos voltemos ao verde!


luns, 29 de setembro de 2025

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O venres, día 26, o alumnado de 5º e 6º de primaria participou, xunto co alumnado do CEIP de San Clodio, nun obradoiro de regueifas organizado polo departamento de normalización lingüística do concello de Quiroga. O obradoiro foi impartido polos regueifeiros: Luís “O Caruncho” e Pinto d’Herbón.

Foi unha actividade, ademáis de didáctica, moi divertida!






mércores, 24 de setembro de 2025

GALICIA SABE A MAR

Hoxe xegou ao noso cole a campaña “Galicia SABE a mar” unha iniciativa da Xunta de Galicia para promover o consumo de produtos do mar entre os escolares, facendo que descubran o valor do mar a través da degustación dos mesmos nos colexios. A campaña, que inclúe foodtrucks nos centros, combina educación nutricional coa promoción dos produtos marítimos.







martes, 3 de xuño de 2025

BOOKTRAILER

 

Os nenos e nenas de 4º de primaria están inmersos na realización dun 
booktrailer sobre o libro " Extraño, muy extraño". Levan semanas de preparación seguindo as fases da planificación que realizamos; facer resumos, escoller as escenas a representar, elaborar o storyboard, o guión, vestiario, preparar ao equipo de edición... e ao fin comeza o proceso de gravación que tantas ganas lle tiñamos. Por aquí vai o resultado. Esperamos que vos guste.





PINCHA AQUÍ PARA VELO BOOKTRAILER