Para conmemorar o Día de Rosalía o alumnado de primaria creou poemas a partir dun verso sacado dalgún dos poemas de Rosalía.
venres, 28 de febreiro de 2025
domingo, 23 de febreiro de 2025
venres, 14 de febreiro de 2025
VISITA AO ECOMUSEO PAZO DE ARXERIZ
O mércores, día 12 de febreiro, o alumnado de 2° ciclo foi de excursión ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz no concello de O Saviñao.
Alí puideron ver as antigas barcas de paso, que se utilizaban antigamente na zona da Ribeira Sacra para cruzar o río, xa fose por traballo ou para visitar outros veciños.
Dentro dos oficios tradicionais, e con relación directa co PDI do centro, Territorio Artesán, indagaron sobre a pesca e a viticultura. Dende a observación das ferramentas tradicionais e a fusión dos habitantes co seu territorio.
Por último e xa no exterior, visitaron a recreación dun castro e logo os restos do castro orixinal. A encargada da visita explicou os modos de vida dos castrexos e comparándoos co noso modo de vida actual, reflexionando nos cambios ao longo do tempo.
En resumo, foi unha divertida e entretida xornada nun fermoso entorno.
mércores, 12 de febreiro de 2025
OBRADOIROS DE SCRATCH
Outro ano máis, levamos a cabo os "Obradoiros de Scratch" para os nenos e nenas máis pequenos da primaria. Deste xeito achéganse á programación por bloques dun xeito lúdico e inícianse no uso e adquisición dutras linguaxes.
martes, 11 de febreiro de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe o alumnado de 6° de primaria do CEIP de Quiroga tivo a oportunidade de realizar unha saída á aldea de Seceda. Alí, xunto co alumnado do CEIP de Ribas de Sil, CPI Uxío Novoneyra de Courel e IES de Quiroga, levaron a cabo varios obradoiros para coñecer mellor o Xeoparque Montañas do Courel. As actividades desenvolvéronse en torno ás rochas, ás construcións en pedra, aos fósiles, á orixe das montañas, ... A observación, a manipulación, a experimentación, a recollida de datos,... foron o eixe de cada un dos obradoiros.
Rematados estes, xuntáronse todos os grupos para o xantar ofrecido polos organizadores da actividade.
Unha xornada moi proveitosa na que o alumnado puido profundizar no coñecemento da contorna ao mesmo tempo que foi unha boa maneira de celebrar o día da Muller e da Nena na Ciencia.
Preme na imaxe para ver as fotos:
xoves, 6 de febreiro de 2025
DÍA DA PAZ: CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"
Un ano máis, e xa van vinte, o día 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e a non Violencia”, participamos na carreira solidaria a favor da ONG “Save The Children”. Esta vez a recadacion foi de 635,54 €. O xornal El Progreso fíxose eco desta actividade. Queremos expresar a nosa gratitude ás familias pola súa colaboración nesta iniciativa solidaria!
mércores, 5 de febreiro de 2025
PLANTAMOS A PAZ
Unha das actividades para conmemorar o Día Escolar da Paz e a non Violencia levou o lema "Plantamos a paz". O alumnado plantou unha semente de Paz, unha planta que no seu primeiro brotelevaba escrita esa palabra. Ademais, por cursos, elaborouse un pequeno texto para fomentar a reflexión sobre a paz e o respecto, que acompañou a cad planta e se repartiu aleatoriamente a cada un dos alumnos e alumnas para que levasen para casa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



.jpg)




.jpg)



