A última semana do mes de maio despedímonos de Isabella, a nosa auxiliar de conversa procedente de Georgia (Estados Unidos), e para que sempre nos recorde creamoslle un libriño cos nosos mellores desexos. Ademais, en mostra do noso agradecemento regalámoslle unha medalla feita coa impresora 3D. Foi moi enriquecedor para nós contar coa súa axuda nas clases de inglés e plástica bilingüe! Thank you Isabella! See you soon!
luns, 7 de xuño de 2021
FÓSILES DE AMONITES EN 3D
Estes días os nenos e nenas de infantil aprendemos que son os fósiles, que podemos ver en museos como o Xeolóxico de Quiroga ou, se temos sorte, nunha excursión polo noso Xeoparque. Para iso, creamos un fósil de amonites empregando arxila branca e uns modelos en miniatura que imprimimos na impresora 3D que hai na biblioteca do colexio. Ademais, tamén subimos ver como esta máquina tan sorprendente creaba fósiles novos. Gustounos moitísimo! Mirade!
xoves, 3 de xuño de 2021
CHARLAS DO PLAN DIRECTOR
Hoxe as alumnas e alumnos de quinto e sexto de primaria asistiron a dúas charlas por videoconferencia, sobre os perigos da internet e as adicións a videoxogos. Ambas charlas foron impartidas por Ramón Peña, formador da comandancia da garda civil de Lugo, e forman parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade dos centros educativos.
luns, 31 de maio de 2021
LANTERNAS DE XEOEXPLORACIÓN
Nas xornadas de formación en impresión 3D, o alumnado de primeiro e segundo de primaria aprendeu a manexar a Pluma 3D, creando unha lanterna que lle permitiu alumear a "Devesa da Rogueira" pola noite e descubrir a fauna que se atopa nela. Agardamos que vos guste!
mércores, 19 de maio de 2021
ADIOS RÍOS ADIOS FONTES (LSE)
Con motivo do Día das Letras Galegas, o alumnado de primeiro e segundo de primaria e os seus mestres e mestras interpretan “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro, en lingua de signos!! Bravo por eles/as!!
martes, 18 de maio de 2021
venres, 14 de maio de 2021
RAP DA COMARCA DE QUIROGA. XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
O alumnado de 5º de EP participou nunha campaña de turismo da Deputación de Lugo. O lema desta campaña é "Destino Lugo", e a nós tocounos promover turisticamente a Comarca de Quiroga. Para iso os alumnos e alumnas compuxeron e interpretaron o Rap da comarca de Quiroga coa exaltación dos elementos turísticos máis importantes do Xeoparque Montañas do Courel. Esperamos que vos guste!!


















