mércores, 24 de marzo de 2021
luns, 22 de marzo de 2021
DÍA DA POESÍA: UN TERRITORIO DE POESÍA
martes, 9 de marzo de 2021
DIA INTERNACIONAL DA MULLER. 8 DE MARZO
Conmemoramos o día da muller cunha gran exposición de mulleres pioneiras en diversos ámbitos: cultura, deporte, feminismo, ciencia... As mulleres coas súas biografías estaban agrupadas en flores e cada muller nun pétalo. As cores indicaban o ámbito polo que salientaron. Pódense ver todas as fotos premendo na imaxe.
mércores, 24 de febreiro de 2021
venres, 29 de xaneiro de 2021
DÍA DA PAZ
Día escolar da paz e a non violencia. O 30 de xaneiro celébrase este día dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. Neste día os centros de ensino comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. Deixamos aquí o mural elaborado coa participación de todo o alumnado do centro para conmemorar esta data.
luns, 11 de xaneiro de 2021
RECEITAS DE COCIÑA CON PRODUTOS DO NOSO TERRITORIO
Durante os meses de outono os nenos e nenas do CEIP de Quiroga foron achegando diferentes receitas elaboradas cunha grande variedade de produtos típicos da nosa comarca. Con todas elas creamos un libro dixital que agardamos que sexa do voso interese, vos abra o apetito e invite a todos e todas a coñecer o noso territorio. Animádesvos a cociñar algunha? Bo proveito!






