luns, 13 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA NA BIBLIOTECA

Do 6 ao 10 de marzo os centros educativos galegos celebramos a 29º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituida oficialmente dentro do calendario escolar en 1989. No CEIP Quiroga realizamos diversas actividades ao redor desta iniciativa entre a que vós achegamos a realizada polos alumnos de sexto curso que realizaron un taller sobre os xornais.

martes, 7 de marzo de 2017

MAQUETAS CASTREXAS E ROMANAS

Xa estamos a recibir as primeiras creacións dos nosos alumnos, aquí podedes ver unhas mostras. Recordamos que tedes ata final de mes de marzo para presentar as vosas maquetas.









venres, 3 de febreiro de 2017

BOLETÍN 2º TRIMESTRE 2017

Xa está dispoñíbel o boletín da biblioteca para o segundo trimestre: CASTREXOS E ROMANOS.





xoves, 2 de febreiro de 2017

CONTACONTOS

Hoxe tivemos, na nosa biblioteca, a visita da actriz e contacontos Raquel Queizás quen nós contou dúas fábulas que fixeron a delicia dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.


Éste é o cuarto ano que contamos coa presenza de Raquel na nosa biblioteca e sempre é un pracer contemplar as súas actuacións.


mércores, 30 de novembro de 2016

Ambientamos a nosa biblioteca cunha porta de entrada moi peculiar.



Buscamos libros, filmes e outros documentos sobre o tema. Ata a nosa mascota Lily vestíuse de romana como corresponde. Estache ben fermosa...




mércores, 9 de novembro de 2016

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: "CASTREXOS E ROMANOS"

Este curso, dende a biblioteca do CEIP de Quiroga, impulsamos o proxecto documental integrado (PDI) "Castrexos e romanos". O punto de partida do noso proxecto foron unha serie de charlas impartidas aos alumnos e alumnas polo técnico de cultura do concello e director dos museos da vila, Ramón Vila Anca.
Ramón guiounos, a través dunha serie de diapositivas comentadas por el, polos vestixios castrexos e romanos da nosa contorna. Os alumnos e alumnas  aprenderon a valorar o noso valioso patrimonio castrexo-romano, que para a maioria deles era descoñecido.