venres, 4 de marzo de 2016

8 de marzo: Día da Muller

Un ano máis conmemoramos o Día da Muller coa colaboración das responsables do CIM do Concello de Quiroga, Marisa e Lucía, ás que lle agradecemos a súa colaboración co centro.Nesta ocasión, organizaron diferentes actividades co alumnado do CEIP de Quiroga. Cos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria elaboraron bonecas con cartóns de papel hixiénico representando a mulleres importantes da historia; co alumnado de 3º e 4º de Primaria elaboraron tarxetas coas mulleres representativas; e cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria, compuxeron murais de mulleres importantes na nosa historia.
Podedes ver as fotos destas actividades e a posterior exposición picando nesta imaxe:
PEQUENA EXPOSICIÓN NA NOSA BIBILIOTECA:


PLAN XERMOLIÑO

Máis actividades sobre a alimentación:





martes, 1 de marzo de 2016

XERMOLIÑO: ALIMENTACIÓN SA E EQUILIBRADA

AGORA COMPROBA OS TEUS COÑECEMENTOS XOGANDO ...
 Durante o curso 2015 - 2016 levamos a cabo un PDI desde a Biblioteca Escolar relacionado coa alimentación saudable e a prevención da obesidade infantil, mediante un programa chamado "Xermoliño".
Nesta ocasión varios mestres e mestras integrantes do Equipo de Biblioteca explicaron a importancia de comer dun xeito saudable e realizar actividade física a diario.
Podedes ver fotos premendo nesta imaxe:

venres, 19 de febreiro de 2016

SESIÓN DE CONTACONTOS: RAQUEL QUEIZÁS

O CEIP de Quiroga puido contar un ano máis coa presenza da actriz e contacontos Raquel Queizás. Nesta ocasión contounos tres lendas relacionadas con trasnos, mouras e covas. Que ben o pasamos!!!
Para ver máis fotos pica na imaxe:

luns, 8 de febreiro de 2016

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN INFANTIL: FIGURIÑAS CON FROITA

O pasado venres 5 de febreiro os nenos e nenas de Educación Infantil, coa colaboración dos seus mestres e o cociñeiro Jorge, elaboraron unha estupenda e riquísima oruga con plátano e amorodo. Acompañámolo con pouco xarope de chocolate e de ollos uns lacasitos. Despois, saíron ao parque a xogar un ratiño. Realmente foi unha actividade super divertida e pasámolo xenial!!!
n 

sábado, 30 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ 2016

O venres 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz no noso cole. Para iso, aprendemos a canción "Color Esperanza" de Diego Torres, coa colaboración do mestre de Música, Javier. Tamén elaboramos un mural colectivo coa participación de todo o centro organizado polo Equipo de Biblioteca e coa colaboración de todas as titorías.
Podedes ver máis fotos premendo na imaxe:

Aquí podemos ver e aprender a canción:

martes, 15 de decembro de 2015

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL 2015

O Equipo da Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, vén de elaborar un novo tríptico con lecturas recomendadas para este Nadal. As lecturas van dirixidas aos Prelectores (ata os 6 anos), Primeiros lectores (6-8 anos), lectores autónomos (8-11 anos), ás familias e tamén libros relacionados co Proxecto que estamos a desenvolver: