O pasado decembro o alumnado de primeiro e segundo visitou a casa do concello para ver de cerca como funciona esta institución da man do alcalde José Luis Rivera. Aproveitaron para achegarlle unha petición moi especial ao rexidor local. Así, o alumnado solicitou a colocación de pictogramas en todos os edificios municipais, especialmente nos usados por eles e elas, para facelos máis accesibles. Hoxe chegounos a resposta!
mércores, 31 de xaneiro de 2024
mércores, 10 de xaneiro de 2024
luns, 18 de decembro de 2023
venres, 15 de decembro de 2023
ELABORAMOS POSTAIS DE NADAL
Como é tradición elaboramos unhas postais para felicitar as festas de Nadal.
Pero... nesta ocasión quixemos darlles un uso diferente e decidimos que estas postais ían ir destinadas a diversos organismos da zona: o concello de Quiroga, de San Clodio e o de Caurel; o centro de día da Ribeira e as residencias de Quiroga e San Clodio, o IES e a Escola Infantil de Quiroga e os colexios de San Clodio e Caurel. Aquí vos amosamos o bonitas que quedaron!!!
martes, 5 de decembro de 2023
XA TEMOS IMAGOTIPO. XORNADA ELECTORAL
xoves, 30 de novembro de 2023
SAMAÍN, BANDA DESEÑADA: MEDO NO TERRITORIO
Este curso para conmemorar o Samaín, ademais de decorar o colexio con chapeus de meigas, dende a Biblioteca propuxemos a elaboración de contos de medo ambientados no territorio, coa técnica da banda deseñada. Estes foron algúns dos resultados.
mércores, 29 de novembro de 2023
PDI: BUSCAMOS UN IMAGOTIPO
No colexio estamos a traballar cun proxecto documental integrado que leva por título “Un territorio con moita historia”. Estamos a buscar un imagotipo para este proyecto. Para iso todos os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria crearon os seus propios deseños. Todo o alumnado do colexio votará democráticamente, o próximo día 5, cal será o imagotipo que represente o noso proxecto. Estes son os deseños finalistas presentados polos seus creadores.





















