venres, 26 de outubro de 2018

DIA DAS BIBLIOTECAS: FORMACIÓN DE USUARIOS

O día 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas fixemos a formación de usuarios deste curso que comeza. Os mestres/as do Equipo da Biblioteca proxectaron ao alumnado de primaria un power point coa información necesaria para saber utilizar e desenvolverse de xeito autónomo na nosa biblioteca.







xoves, 25 de outubro de 2018

CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN

Dende a biblioteca do colexio propuxemos unha actividade de creación literaria, como fomento da expresión escrita e a lectura. Os alumnos e alumnas dos diferentes cursos tiñan que tirar uns dados e era o azar o que lle daba as pautas para crear o seu relato: escenario, protagonista, liña argumental etc. Por suposto os escenarios dos contos son zonas de interese do noso territorio Montañas de Courel e os protagonistas, personaxes terroríficos. Agora mostramos o comezo da actividade, xa mostraremos o resultado final:

luns, 15 de outubro de 2018

ESTRENAMOS CURSO CUN NOVO PROXECTO: APRENDENDO DA PAISAXE, UNHA OLLADA AO PROXECTO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL:

Un ano máis o equipo de biblioteca estamos xa a traballar para presentarvos as novidades e novos retos que queremos afrontar con todos vós: alumnado, profesorado e familias. Por segundo ano contamos na nosa biblioteca con PLAMBE que nos permite dispoñer de máis recursos, para ofrecervos non só un espazo máis confortable e atractivo (novo mobiliario, máis libros ... ) senón tamén outras novidades que iredes descubrindo ao longo do curso. Avanzámosvos o programa de robótica "Biblioteca creativa", o biblio-patio ou os alumnos voluntarios na biblioteca escolar. Benvidos a este novo curso 2018-2019 e velaí tedes as actividades que vos propoñemos, desde a biblioteca escolar, para este primeiro trimestre





luns, 18 de xuño de 2018

FIN DO CAMIÑO: CHEGAMOS A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de primaria visitaron a cidade de Santiago como colofón ao proxecto sobre o Camiño de Inverno a Santiago, no que todo o colexio estivo a traballar durante todo o curso. 
O alumnado visitou o Museo das Peregrinacións, a catedral e fixeron un percorrido pola cidade no tren turístico.









venres, 15 de xuño de 2018

TRABALLO FIN DO PROXECTO SOBRE O CAMIÑO DE INVERNO

Con este folleto que se repartirá a todo o alumnado do centro, que recomplila o máis relevante do patrimonio do Camiño de Inverno ao seu paso polo noso concello, damos por rematado o Proxecto Documental Integrado sobre o Camiño de Inverno que impulsou a Biblioteca escolar do CEIP. Estamos moi satisfeito co traballo desenvolvido e cos resultados acadados polo noso alumnado en relación ao coñecemento do noso patrimonio cultural, artístico e natural e a súa concienciación na preservación e difusión do mesmos.




venres, 18 de maio de 2018

CONCURSO DE NARRACIÓN E DEBUXO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A biblioteca do CEIP de Quiroga colaborou unha vez máis coa biblioteca municipal no concurso de relato e debuxo con motivo do Día das Letras Galegas. Os alumnos e alumnas que obtiveron premios foron: Noelia Aira Soto, Alejandro Beteta González, Miguel Sánchez Franco, Eis Durán Iglesias, Celia López Quíntela, Natalia Álvarez Díaz, Estela Ferreiro Rodríguez, Irene Rodríguez Vázquez e Susana Sánchez Suárez. Parabéns a todos eles! Os seus traballos participarán agora na fase provincial. Moita sorte !