venres, 18 de maio de 2018

CONCURSO DE NARRACIÓN E DEBUXO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A biblioteca do CEIP de Quiroga colaborou unha vez máis coa biblioteca municipal no concurso de relato e debuxo con motivo do Día das Letras Galegas. Os alumnos e alumnas que obtiveron premios foron: Noelia Aira Soto, Alejandro Beteta González, Miguel Sánchez Franco, Eis Durán Iglesias, Celia López Quíntela, Natalia Álvarez Díaz, Estela Ferreiro Rodríguez, Irene Rodríguez Vázquez e Susana Sánchez Suárez. Parabéns a todos eles! Os seus traballos participarán agora na fase provincial. Moita sorte !




domingo, 13 de maio de 2018

DIA DO LIBRO: MINILIBRO SOBRE O PDI, CAMIÑO DE INVERNO

A biblioteca do CEIP conmemorou o Día do Libro coa elaboración dun minilibro sobre o Camiño de Inverno por parte de todo o alumnado do centro. Grazas a mestra Sara Chavert que foi a creadora do minilibro.











VISITA DO ALUMNADO DE INFANTIL AO ALBERGUE DE QUIROGA

Seguimos coas actividades do PDI sobre o Camiño de Inverno da nosa biblioteca. Os mais pequenos do colexio tamén fixeron un tramo do Camiño de Inverno ao seu paso por Quiroga. Ademáis visitaron o albergue onde lles selaron as súas credenciais de peregrinos.







martes, 10 de abril de 2018

PANORÁMICA DO CAMIÑO DE INVERNO

Tras unha laboriosa tarefa de composición e montaxe, por fin podemos amosar o ben que loce o Camiño de Inverno no vestíbulo do cole.
No seu trazado incorpora tanto as localidades de final de etapa como aqueles monumentos máis representativos do patrimonio cultural e paixasístico.



luns, 9 de abril de 2018

LIMPEZA DUN TRAMO DO CAMIÑO DE INVERNO

Continuamos a facer actividades sobre o noso Proxecto Documental Integrado sobre o Camiño de Inverno. Hoxe tocou saír da biblioteca e do colexio para limpar un tramo do Camiño de Inverno. Disto encargouse o alumnado de 5º e 6º de primaria acompañados polos seus mestres/as.










mércores, 4 de abril de 2018

DÍA DA POESÍA

21 de marzo, día internacional da poesía. Recital de poemas a cargo dos alumnos e alumnas na biblioteca do colexio. Premendo no seguinte enlace podedes acceder aos vídeo-poemas.   https://photos.app.goo.gl/lkNbI9x6qE23uvsm2.