O alumnado de 5º de EP participou nunha campaña de turismo da Deputación de Lugo. O lema desta campaña é "Destino Lugo", e a nós tocounos promover turisticamente a Comarca de Quiroga. Para iso os alumnos e alumnas compuxeron e interpretaron o Rap da comarca de Quiroga coa exaltación dos elementos turísticos máis importantes do Xeoparque Montañas do Courel. Esperamos que vos guste!!
venres, 14 de maio de 2021
luns, 3 de maio de 2021
VIVIMOS NUN XEOPARQUE
O alumnado de 5º de EP realizou unha campaña de turismo para animar á xente a visitar o Xeoparque Montañas do Courel. Na biblioteca do centro, divididos en grupos cooperativos, realizaron murais cos elementos turísticos máis importantes do Xeoparque.
Podedes ver todas as fotos premendo AQUI
martes, 27 de abril de 2021
MURAL DÍA DO LIBRO
O venres, día 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro. Todos os alumnos e alumnas do colexio debuxaron ao seu personaxe literario favorito.
luns, 26 de abril de 2021
HERBARIO DO XEOPARQUE
Por aquí compartimos o herbario do Xeoparque Montañas do Courel creado polo alumnado de terceiro de primaria. Agardamos que vos guste!
domingo, 25 de abril de 2021
AMOR POLA LECTURA
Durante a Semana do Libro, o alumnado de sexto, quinto, cuarto e terceiro estreou os bolígrafos de impresión 3D, creando uns marcapáxinas con forma de corazón. Resultou moi interesante esta primeira toma de contacto con este utensilio co que podemos crear múltiples obxectos. Por aquí vos deixamos algunhas imaxes do proceso e o resultado. Agardamos que vos gusten!












