martes, 16 de maio de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O venres,12 de maio, os nenos de educación infantil tivemos a visita de Iago López, un contacontos moi divertido. Escenificou o conto do "Cociñeiro Martiño", pasamolo moi ben!

martes, 9 de maio de 2017

Actividades dos alumnos de Infantil no día do libro

Os alumnos de infantil, co gallo do día do libro, fixeron actividades na biblioteca para celebrar esta efeméride. Aquí tedes unha mostra...






venres, 21 de abril de 2017

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

Co gallo do día de libro veñense realizando diversas actividades na biblioteca do centro, das cales vós deixamos unhas mostras gráficas de como confeccionaron uns orixinais marca páxinas.





xoves, 30 de marzo de 2017

POEMAS DE ENTROIDO

Xa temos os gañadores do concurso de poesía sobre o carnaval, podedes velos na biblioteca...senón aquí os tedes.






martes, 14 de marzo de 2017

DONA PITU PITURRA VISITA AOS ALUMNOS DE QUINTO DE INFANTIL

Na tarde do martes 14 de marzo, unha nai caracterizada como Pitu Piturra actuou como contacontos no recuncho da biblioteca.






Recitou varios poemas de Gloria Fuertes con motivo do centenario do seu nacemento e preparou unha actividade interactiva na que os nenos tiveron que colorear a esta personaxe tan coñecida.

luns, 13 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA NA BIBLIOTECA

Do 6 ao 10 de marzo os centros educativos galegos celebramos a 29º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituida oficialmente dentro do calendario escolar en 1989. No CEIP Quiroga realizamos diversas actividades ao redor desta iniciativa entre a que vós achegamos a realizada polos alumnos de sexto curso que realizaron un taller sobre os xornais.

martes, 7 de marzo de 2017

MAQUETAS CASTREXAS E ROMANAS

Xa estamos a recibir as primeiras creacións dos nosos alumnos, aquí podedes ver unhas mostras. Recordamos que tedes ata final de mes de marzo para presentar as vosas maquetas.