martes, 3 de maio de 2016
CERTAME DE POESÍA 2015-2016
A continuación podemos ver as poesías finalistas no Certame de Poesía 2016. Picando na imaxe poderedes ler estas poesías.
luns, 2 de maio de 2016
Proxecto Xermoliño. 5º Ed Infantil
CURSO: 5º EDUCACIÓN INFANTIL
TITOR: VICENTE RODRÍGUEZ DÍAZ
Durante o curso 2015-2016 o CEIP de Quiroga participamos no programa Xermoliño, cos seguintes obxectivos:
- Integrar o programa "Proxecto Xermoliño" nos diferentes proxectos da aula.
- Influir na adopción de hábitos saudables no alumnado e nas súas familias.
- Desenvolver a imaxinación e a creatividade na elaboración das brochetas e illa pirata.
- Promover o uso das TIC mediante a creación de actividades interactivas sobre a froita.
- Promover o consumo de froita no recreo e no fogar.
- Probar froitas que non comemos habitualmente.
- Gozar elaborando receitas e actividades lúdicas con froitas de tempada.
Na aula de 5º de Educación Infantil traballamos as froitas de diferente xeito:
- Na primeira semana fixemos unha rica macedonia de froitas. Os nenos e nenas cortaron melocotón en almíbar, plátano, mandarina e pera. Estaba boísima!!!
Ademais, polo Samaín, fixemos pantasmas con plátanos e cabazas con mandarinas. Quedáronnos así de terroríficas:
- Na terceira semana de froita fresca decidimos realizar un obradoiro todo o alumnado de Educación Infantil para elaborar unha illa pirata con froitas. Aquí vemos o resultado:

- Na segunda semana de froita fresca estivemos traballando na Pizarra Dixital Interactiva con actividades dixitais elaboradas polo titor de 5º de Ed Infantil: Vicente Rodríguez Díaz.
Para ver máis fotos preme na imaxe:
Ademais, os nenos e nenas de 5º de Infantil elaboraron as súas propias "brochetas de froita". Estaba boísima!!!
- Na terceira semana de froita fresca decidimos realizar un obradoiro todo o alumnado de Educación Infantil para elaborar unha illa pirata con froitas. Aquí vemos o resultado:
Con expectativas de seguir traballando a importancia das froitas na nosa alimentación, o vindeiro curso traballaremos as froitas elaborando con elas diferentes debuxos e facendo máis receitas de cociña: marmelada, batido de froitas, etc
PASÁMOLO XENIAL COMENDO E TRABALLANDO COA FROITA
ANEXOS: ACTIVIDADE INTERACTIVA:
ANEXOS: ACTIVIDADE INTERACTIVA:
venres, 29 de abril de 2016
Hoxe merenda de vexetais!!! Ummmmm!!!
En Educación Infantil fixemos dous murais relacionados coas froitas e con dous contos: "A oruga glotona" e "Os Bolechas fan unha merenda con vexetais".
sábado, 23 de abril de 2016
23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
DÍA DO LIBRO 2016
ACTIVIDADE LIM:
PRESENTACIÓN VIDA DE CERVANTES:
Nada mellor que "celebrar" o aniversario, 400 anos nada menos, da morte do escritor español máis coñecido en todo o mundo.
Neste día tan especial para os lectores, entre os que me inclúo, é apropiado saber máis sobre a vida deste insigne alcalaíno. Para iso... Pica na imaxe.
Para festexar esta efemérides podemos deambular por unha páxina concibida ao uso 400CERVANTES. Nela imos atopar a súa Biografía cun mapa de fondo que se vai movendo polos lugares que percorreu e a Axenda de actos e eventos que sobre Cervantes terán lugar. É moi interesante.
E agora un pouco de humor co escritor como protagonista...
domingo, 17 de abril de 2016
Produtos do noso concello
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaboraron diferentes murais sobre os produtos máis típicos do noso concello. Aquí temos algúns resultados:
luns, 11 de abril de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)