mércores, 26 de novembro de 2025

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Con motivo do día Contra a Violencia Machista, as traballadoras do Centro de Información á Muller do concello trasladáronse ao colexio para impartir o obradoiro “ASÍ TRATAMOS BEN, ASÍ NON TRATAMOS A NINGUÉN”. Aproveitando a data, agasallaron aos nenos e nenas cunha bufanda tubular térmica.









martes, 25 de novembro de 2025

CHARLA PLAN DIRECTOR

 Hoxe o noso alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha charla moi especial dentro do Plan Director da Garda Civil.

O tema central foi o acoso escolar, unha realidade que debemos previr e combater entre todos. Os estudantes aprenderon a identificar estas situacións e a importancia de pedir axuda e apoiar aos seus compañeiros.
Actividades coma esta reforzan valores de respecto, empatía e convivencia, fundamentais para medrar nun entorno seguro e positivo.





luns, 10 de novembro de 2025

MISIÓN MURO DAS VERBAS

 


CELEBRAMOS O MAGOSTO

  Celebramos o Magosto no cole!

Hoxe gozamos dun día moi especial compartindo risas e ricas castañas asadas. Foi unha xornada chea de alegría na que mantivemos viva unha das tradicións máis fermosas da nosa contorna.
Grazas como sempre a Ramón que nos asou as castañas nos tambores seguindo o xeito de facelo dos nosos ancestros .