xoves, 19 de decembro de 2013
xoves, 21 de novembro de 2013
Presentación do conto: "Dragóns no Courel"
O mércores 20 de novembro presentouse na Casa da Cultura do Concello de Quiroga o libro de Francesca López Da Silva "Dragóns no Courel" ao que asistiron os mestres/as e o alumnado de Educación Primaria. Para ver as fotos preme no seguinte enlace:
Contos para o Samaín:
Desde o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua galega decidimos organizar un certame de contos para o Samaín.
Vemos as bases aquí:
Vemos as bases aquí:
mércores, 6 de novembro de 2013
As nosas mascotas:
Desde o Equipo da Biblioteca do CEIP de Quiroga queremos agradecer a todos os nenos e nenas e as súas familias a súa participación no concurso de mascotas para a biblioteca. A continuación podemos ver as diferentes mascotas:
xoves, 17 de outubro de 2013
En busca de mascota para a Biblioteca
Necesitamos un nome e unha mascota e gustaríanos contar coa túa axuda, por iso convocamos un
CONCURSO DE MASCOTAS PARA A BIBLIOTECA DO COLEXIO.
C Poderán participar todos os nenos e todas as nenas do colexio xunto coas súas familias, se o desexan.
C Cada alumno (e familia) só poderá presentar unha mascota.
CA mascota pode ser, un animal, un personaxe, un obxecto ...
C A mascota poderase entregar en calquera formato: pódese debuxar, deseñar por ordenador... como se queira. A única condición é que ten que estar relacionada coa lectura, os libros, os contos, as bibliotecas…
C Os traballos deben ir acompañados co nome e o curso do autor
así como CO NOME DA MASCOTA.
C Todos os traballos seleccionados, expoñeranse na Biblioteca do colexio, así como na páxina Web.
C Os traballos entregaranse a cada titor antes do día 31 de outubro.
C O Equipo da biblioteca decidirá que traballo é o gañador entre todos os seleccionados
C O gañador/a do concurso terá os seguintes premios:
· O recoñecemento oficial do centro como autor/a da mascota de biblioteca
· Un libro
· Ter o honor de asinar no Libro de Honra da Biblioteca.
ÁNIMO E SORTE!
mércores, 9 de outubro de 2013
Ler ciencia na biblioteca escolar
O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é dePATRICIA CASTELAO.
Por outra parte, a incorporación do profesorado dos departamentos de ciencias aos equipos de biblioteca, diversifica as posibilidades de intervención da mesma e favorece o deseño de actividades plurais en contidos e imprescindibles para o desenvolvemento de todas as competencias básicas.
A biblioteca ten na ciencia unha fonte riquísima para realizar propostas de carácter interdisciplinar, que debe aproveitarse para que este tipo de actividades vaia callando en todo o profesorado e facilite realmente o desenvolvemento do currículo en todas as áreas e materias. É unha oportunidade tamén para avanzar nas estratexias de comprensión lectora de todo tipo de textos, e moi especialmente, un desafío para mellorar as habilidades de uso, selección e produción de información en todos os soportes, moi especialmente os recursos electrónicos. Aprender a valorar a información que se atopa en internet con criterios de credibilidade, veracidade, cientificidade, etc., é imprescindible para o noso alumnado; identificar, por exemplo, a pseudociencia entre a inxente cantidade de contidos audiovisuais que circulan por internet resulta difícil (ás veces incluso para os adultos), pero só a alfabetización mediática e informacional pode dotalos de recursos para poder facelo.
Voluntariado de lectura
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica no Portal Educativo unha iniciativa pola que se estimula o voluntariado cultural relacionado coa lectura en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta proposta,Voluntariado de lectura - A, vai destinada ao alumnado de 3º Ciclo de Ensino Primario que se implica directamente en labores de colaboración coa biblioteca escolar, ou que participaactivamente, xunto co profesorado do Equipo de biblioteca, no deseño, organización e realización de actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro. Os centros que conten con alumnado colaborador ou que programen actividades de lectura compartida poderán inscribirse antes do 31 de outubro nesta iniciativa. ACCESO Á CONVOCATORIA
Colabora con esta iniciativa a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)