mércores, 28 de febreiro de 2018

CHARLA SOBRE O CARNÉ SOLIDARIO

O venres, día 23 de febreiro, estuvo na biblioteca do cole, Cristóbal, xornalista de La Voz de Galicia e voluntario, que veu falar ao alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria sobre o carné solidario, actividade organizada pola Dirección Xeral de Voluntariado da Consellería de Política Social, na que participan todas as alumnas e alumnos destes cuatro cursos.



luns, 26 de febreiro de 2018

DIA DE ROSALÍA

O venres, día 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía mediante actividades na biblioteca. Logo de ver un video sobre a vida de Rosalía de Castro, algúns cursos traballaron coa súa obra. O alumnado tamén utilizou unha escolma de libros sobre a poetisa que foron seleccionados polo equipo de biblioteca para os distintos grupos de idade.
















venres, 23 de febreiro de 2018

PDI da biblioteca: peregrinos polo Camiño de Inverno

Despois dun intento fallido de saír disfrazados do colexio o venres 9 de febreiro, o día 16, por fin poidemos saír facer a nosa peregrinaxe polo Camiño de Inverno, pola Rúa Real de Quiroga ate a Casa da Cutura, onde nos sellaron as credenciais que acreditaban ter feito un tramo do camiño. Aínda que amenazaba chuvia, tivemos moita sorte e non choveu mentres durou a nosa preregrinaxe. Aquí tedes unhas fotos desde acontecemento tan especial, onde participamos os 150 alumnos e alumnas do colexio e os 16 profes.









martes, 19 de decembro de 2017

O NADAL E O CAMIÑO DE INVERNO

No noso colexio chegou o Nadal e xa están listas as postais dos diferentes cursos. A decoración do centro, incluida a árbore, inspirouse este año no PDI: O Camiño de Inverno.







venres, 1 de decembro de 2017

ACTIVIDADE DO PDI: CHARLA DE AIDA MENÉNDEZ LORENZO SOBRE O CAMIÑO DE INVERNO

O día 29 de novembro contamos coa presenza na nosa biblioteca de Aida Menéndez Lorenzo, gran coñecedora e impulsora do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela. Aida Menendez Lorenzo é a presidenta da asociación Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra e é autora da “Guía del Camino de Invierno a Santiago”. Aida ofreceu aos alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de primaria unha agradable e didáctica charla sobre o Camiño de Inverno. Esta actividade é unha máis das organizadas polo equipo de biblioteca, dentro do proxecto documental integrado (PDI) sobre o Camiño de Inverno, proxecto que se enmarca tamén na actuación sobre educación patrimonial do Plan Proxecta da Consellería e Educación.