Durante a semana do 9 ao 13 de marzo conmemoramos no noso centro a Semana da Prensa. Aqui deixamos unha imaxe da exposición de xornais realizada na biblioteca. Nos vindeiros días subiremos máis fotos desta actividade:
mércores, 11 de marzo de 2015
Raquel Queizás - actriz e contacontos
O pasado martes 10 de marzo contamos coa presenza de Raquel Queizás, actriz e contacontos galega, no papel de Dulcinea do Toboso, na representación da segunda parte de Don Quixote. Con motivo do cuarto centenario da súa publicación. Aquí deixamos unha selección de fotografías de dito evento:
luns, 9 de marzo de 2015
8 de marzo: Día da Muller Traballadora
Os nenos e nenas de Educación Primaria conmemoraron o Día da muller traballadora coas intervencións de Marisa e Lucía, responsables do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Quiroga:
martes, 3 de marzo de 2015
Exposición " A pintura no Espazo"
No corredor que leva á Biblioteca escolar hai unha exposición de cadros de arte relacionados co Espazo e o Universo. Entre eles destacamos os de Joan Miró e Vincent van Gogh. Podédelos ver premendo na seguinte imaxe:
luns, 23 de febreiro de 2015
venres, 20 de febreiro de 2015
CONSTRUCIÓN DUN PLANETARIO- AMADOR PÉREZ
A Biblioteca do centro en colaboración cun membro da Comunidade Educativa, programou a actividade: "Como construir un planetario con recreación do Big Band e o nacemento das estrelas". A actividade foi dirixida ao alumnado de Infantil e Primaria. Correu a cargo do autor, Amador Pérez, coa colaboración do alumnado de 5º e 6º de Primaria.
venres, 6 de febreiro de 2015
DÍA DA PAZ 2015
Neste curso 2014-2015, aproveitando que estamos a realizar un proxecto desde a Biblioteca escolar, "Viaxamos ao espazo", o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares decidimos elaborar un mural para o Día da Paz no que se reflexara o tema do Universo. Cada neno e nena decorou o seu propio cohete, escribindo mensaxes de paz; e foise pegando no mural. Podedes ver máis fotos premendo na seguinte imaxe. Este foi o resultado: CANCIÓN DO DÍA DA PAZ
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)