martes, 5 de decembro de 2023
XA TEMOS IMAGOTIPO. XORNADA ELECTORAL
xoves, 30 de novembro de 2023
SAMAÍN, BANDA DESEÑADA: MEDO NO TERRITORIO
Este curso para conmemorar o Samaín, ademais de decorar o colexio con chapeus de meigas, dende a Biblioteca propuxemos a elaboración de contos de medo ambientados no territorio, coa técnica da banda deseñada. Estes foron algúns dos resultados.
mércores, 29 de novembro de 2023
PDI: BUSCAMOS UN IMAGOTIPO
No colexio estamos a traballar cun proxecto documental integrado que leva por título “Un territorio con moita historia”. Estamos a buscar un imagotipo para este proyecto. Para iso todos os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria crearon os seus propios deseños. Todo o alumnado do colexio votará democráticamente, o próximo día 5, cal será o imagotipo que represente o noso proxecto. Estes son os deseños finalistas presentados polos seus creadores.
luns, 27 de novembro de 2023
25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia machista, estiveron na biblioteca do colexio Marisa e Esther, abogada e psicóloga respectivamente do Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga. Levaron a cabo con todo o alumnado do centro diversos obradoiros sobre o CONSENTIMENTO.
Para ver as fotos premer na imaxe:
martes, 14 de novembro de 2023
MURAL DO PROXECTO: UN TERRITORIO CON MOITA HISTORIA
E así nos quedou o mural colaborativo no que participaron moitos alumnos e alumnas do cole. Neste mural tratamos de recoller o máis relevante da historia do noso territorio.
mércores, 8 de novembro de 2023
INSTALACIÓN DE LUZ NEGRA A PARTIR DO CONTO " UNHA NOITE NO XARDÍN"
"Una Noche en el jardín" Un conto, unha lanterna, moitos bechiños e a creatividade dos nosos nenos e nenas para facer maxia. A partires dunha instalación de luz negra achegámonos ao mundo dos invertebrados.
venres, 3 de novembro de 2023
VISITA A UN MUÍÑO DE ACEITE
O luns 30 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria, realizou a primeira das saídas programadas para este trimestre.