martes, 26 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

 Conmemoramos o Día do Libro cunha actividade para o programa INCLÚE-T. O alumnado de 5º e sexto adaptaron o libro infantil  "Catro esquiniñas" a Braille.



domingo, 24 de abril de 2022

ENLACES DE INTERESE PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO

 

Curiosidades para conmemorar o Día do Libro:

 https://youtu.be/nT0Xd2d1Qo4

 

Canción para o Día do libro

 https://youtu.be/BCsUYlmmN90


O incrible neno comelibros

https://youtu.be/f7ZFCSCtfuk


O mellor corto do mundo para fomentar a lectura:

https://youtu.be/IQr3DXXvPd0


Día do libro 2020. CEIP de Quiroga

https://youtu.be/_MyQ_JmHG9s

venres, 22 de abril de 2022

VISITA Á RIBEIRA SACRA

O alumnado de 6º de primaria, acompañado polos mestres Sara e Javier e pola guía Marta, visitaron a Ribeira Sacra: o encoro de Belesar, o Eco-museo e o Castro de Arxeriz e o impresionante meandro do río Miño “ O cabo do Mundo”. Foi unha xornada moi produtiva na que aprenderon moito sobre a paisaxe e a etnografía da Ribeira Sacra.

Para ver todas as fotos preme na imaxe:



mércores, 6 de abril de 2022

COÑECEMOS A FLORA DO PASEO FLUVIAL. 1º E 2º DE EP

O alumnado de 1° e 2° saíron hoxe a visitar o paseo Fluvial do río Quiroga para facer unha actividade de recoñecemento e recolleita da flora da nosa contorna. Foi un día de desfrute ao aire libre para o profesorado e o alumnado.

Premer na imaxe para ver as fotos da actividade:



luns, 4 de abril de 2022

VISITA Á BIBLIOTECA DE ESTEFANÍA PADULLÉS

Hoxe tuvimos na biblioteca unha actividade organizada pola ANPA. Visitounos a escritora e ilustradora Estefanía Padullés.
O alumnado de primeiro de primaria disfrutou do conto "A manchas ou a raias". O alumnado de segundo, "Max e Lea". Todos aprenderon como se ilustra un conto e como se debuxan os personaxes.
Despois, o alumnado realizou o seu propio conto ilustrado.
Para finalizar, Estefanía adicou os seus libros ao cole.

Premer na imaxe para ver as fotos:




venres, 1 de abril de 2022

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

 Conmemoramos o Día da poesía elaborando poemas acrósticos nas clases cos lugares máis representativos do noso concello. Así traballamos a poesía e o PDI: Quiroga na Ribeira Sacra.