martes, 25 de marzo de 2025

TRABALLANDO COA CORTADORA LÁSER. POLOS CREATIVOS

Estreamos a nosa cortadora láser por todo o alto! Para iso, o alumnado de cada aula, elaborou un debuxo relacionado co noso proxecto “Territorio Arte-San” sobre unha lámina de madeira. Posteriormente, introducímolo na cortadora e convertemos cada debuxo nun quebracabezas. Agora só queda poñernos mans á obra para montalos.



domingo, 23 de marzo de 2025

COLABORACIÓN FAMILIAS-ESCOLA

O pasado xoves visitou a nosa biblioteca, Begoña, nai de Ian alumno de 3°B e veterinaria de profesión, que impartiu unha charla a todo o segundo ciclo sobre o OSO, os diferentes tipos, as especies predominantes na península ibérica, etc.
Contounos curiosidades deste animal e resolveu varias dúbidas dos nenos e nenas.
Queremos agradecer ás familias que colaboran con nós na educación dos seus fillos e fillas, compartindo con eles/as os coñecementos nos que son expertos ou afeccionados.
Grazas a Begoña, unha vez máis!!







xoves, 20 de marzo de 2025

O MURO DAS VERBAS

Comezamos xa a montar o noso “Muro das verbas”, unha das actividades coas que promovemos o uso da lingua galega na nosa comunidade educativa. Nela o alumnado, coa axuda das familias, aporta verbas na nosa lingua mensualmente para completar un recuncho do noso centro. Se o curso pasado estas verbas eran de carácter xeral, este ano pretendemos centralas no tema sobre o que xira o noso PDI “Territorio Arte-San”. Esperamos as vosas!









VISITA A ALLARIZ

Na mañá do luns, día 17 de marzo, o alumnado de 5° e 6° de primaria trasladouse á vila ourensá de Allariz para visitar os seus museos : o do xoguete, o da moda e o do coiro. Todos eles resultaron moi interesantes para o alumnado. Salientar o museo do coiro, onde a nosa guía, Vanesa, describiu o laborioso e duro proceso do curtido das peles. Consistía nun proceso totalmente artesán, que se ensambla perfectamente co proxecto documental deste curso do noso centro.
Foi unha boa experiencia!
Premer na imaxe para ver as fotos:


martes, 18 de marzo de 2025

VISITA A MEL RURAL

Hoxe o alumnado de infantil visitou as instalacións de Mel Rural en Quiroga.
Nesta visita o alumnado observou unha colmea coas abellas, os panais, a cera, o pole, as máquinas que se empregan para a extracción do mel e finalmente degustou este rico produto.
Para rematar, agasalláronnos cuns caramelos feitos con mel.







sábado, 8 de marzo de 2025

8 DE MARZO: FÍOS DE MULLER

Ensinámosvos o proceso destes días de bordado. Actividade que está sendo moi significativa para todos e todas. Proximamente no noso cole “ FÍOS DE MULLER”

Todo o alumnado do colexio bordou palabras suxerentes do Día da Muller.