Podedes ver as fotos premendo na imaxe:
venres, 28 de febreiro de 2025
ENTROIDO: UN TERRITORIO ARTE-SAN
Un ano mais celebramos o Entroido desfilando pola Rúa Real. Como sempre, o centro do interese foi o noso territorio. O noso proxecto de centro este curso é “Un territorio arte-san”; así, os nenos e nenas de infantil puxeron en valor o mel; os de primeiro ciclo, as castañas; os de segundo ciclo, o viño; e os de terceiro ciclo, a artesanía da oliveira.
Un gran número de familias acompañáronnos no percorrido, ás que agradecemos compartir esta actividade con nós.
Queremos agradecer tamén ao concello as facilidades e a axuda que nos prestaron para poder levar a cabo este desfile, e ao noso conserxe Ramón que se encargou da parte musical.
DÍA DE ROSALIA: POEMARIO
Para conmemorar o Día de Rosalía o alumnado de primaria creou poemas a partir dun verso sacado dalgún dos poemas de Rosalía.
domingo, 23 de febreiro de 2025
venres, 14 de febreiro de 2025
VISITA AO ECOMUSEO PAZO DE ARXERIZ
O mércores, día 12 de febreiro, o alumnado de 2° ciclo foi de excursión ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz no concello de O Saviñao.
Alí puideron ver as antigas barcas de paso, que se utilizaban antigamente na zona da Ribeira Sacra para cruzar o río, xa fose por traballo ou para visitar outros veciños.
Dentro dos oficios tradicionais, e con relación directa co PDI do centro, Territorio Artesán, indagaron sobre a pesca e a viticultura. Dende a observación das ferramentas tradicionais e a fusión dos habitantes co seu territorio.
Por último e xa no exterior, visitaron a recreación dun castro e logo os restos do castro orixinal. A encargada da visita explicou os modos de vida dos castrexos e comparándoos co noso modo de vida actual, reflexionando nos cambios ao longo do tempo.
En resumo, foi unha divertida e entretida xornada nun fermoso entorno.
martes, 11 de febreiro de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe o alumnado de 6° de primaria do CEIP de Quiroga tivo a oportunidade de realizar unha saída á aldea de Seceda. Alí, xunto co alumnado do CEIP de Ribas de Sil, CPI Uxío Novoneyra de Courel e IES de Quiroga, levaron a cabo varios obradoiros para coñecer mellor o Xeoparque Montañas do Courel. As actividades desenvolvéronse en torno ás rochas, ás construcións en pedra, aos fósiles, á orixe das montañas, ... A observación, a manipulación, a experimentación, a recollida de datos,... foron o eixe de cada un dos obradoiros.
Rematados estes, xuntáronse todos os grupos para o xantar ofrecido polos organizadores da actividade.
Unha xornada moi proveitosa na que o alumnado puido profundizar no coñecemento da contorna ao mesmo tempo que foi unha boa maneira de celebrar o día da Muller e da Nena na Ciencia.
Preme na imaxe para ver as fotos:
xoves, 6 de febreiro de 2025
DÍA DA PAZ: CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"
Un ano máis, e xa van vinte, o día 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e a non Violencia”, participamos na carreira solidaria a favor da ONG “Save The Children”. Esta vez a recadacion foi de 635,54 €. O xornal El Progreso fíxose eco desta actividade. Queremos expresar a nosa gratitude ás familias pola súa colaboración nesta iniciativa solidaria!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)