venres, 31 de marzo de 2023

SCAPE ROOM MEDIOAMBIENTAL

O mércores, 29 de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto de EP participou nunha actividade organizada pola Biblioteca do centro, englobada dentro do PDI e a súa temática medioambiental.
A actividade consistiu nun scape room e a realización estivo a cargo de Tania de Outonía Cooperativa.
O alumnado amosou moito interese, motivación e implicación por resolver as pistas e ir obtendo as recompensas, para finalmente, nun traballo cooperativo de gran grupo, acadar a pista final e abrir o cofre coa mensaxe final.
Resultou unha actividade interesantísima a nivel informativo, colaborativo e de concienciación medioambiental.






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario