luns, 28 de novembro de 2022

venres, 25 de novembro de 2022

25N: INMARCESIBLES

Hoxe, 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara as mulleres, visitounos na biblioteca do colexio Patricia González Vidal, traballadora social do concello de Sober, que presentou ao alumnado de quinto e sexto de primaria, o proxecto INMARCESIBLES. Actividade a prol da igualdade e que pretende realzar a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal é como é e non como pretenden que sexa os cánones de beleza socialmente establecidos.






 

xoves, 17 de novembro de 2022

ACTIVIDADE DE CONSUMO RESPONSABLE

 

Hoxe, 17 de novembro, estiveron na biblioteca do centro dúas traballadoras do Instituto Galego de Consumo (IGC).
Realizaron unha presentación sobre a seguridade dos diferentes elementos do Nadal (xoguetes, decoración...). Traballaron os símbolos de seguridade 0-3 o e marco CE.
Remataron o obradoiro coa elaboración dun boneco de neve. 




 

luns, 7 de novembro de 2022

RECREOS "MOLONES" NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Todos os recreos de luns a venres a biblioteca permanece aberta ao alumnado para xogos de mesa, lectura, acceso a internet ...

  Recreos “molones” na biblioteca escolar. Divertímonos e aprendemos!!







 

 

venres, 4 de novembro de 2022

PDI: VISITA AO CIMAR E AO RÍO SIL EN SAN CLODIO

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria saímos de novo polo territorio Xeoparque acompañados polos técnicos deportivos da empresa Coureleando. Nesta ocasión visitamos o CIMAR de San Clodio (Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana) onde Iván nos explicou con detalle as técnicas de extracción do ouro que utilizaron tanto os castrexos como os romanos e comprobamos o efectivas que eran no documental didáctico do propio museo.
Con Guillermo achegámonos ata un remanso do río Sil e aprendemos a técnica do bateo. Sorprendeunos o lenta e traballosa que é pero tivemos moita sorteo e puidemos



ver dúas partículas moi pequenas deste apreciado metal...tanto traballo tivo a súa recompensa.