xoves, 8 de xuño de 2023

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE ARTÍSTICO E ELABORACIÓN DUN VIDEO CÓMIC


O alumnado de sexto estivo traballando na realización dun video cómic. Crearon e seleccionaron personaxes de cómic, pensaron no vínculo que poderían ter entre eles, elaboraron un guión e as diferentes escenas que terían que gravar, traballaron na caracterización dos seus personaxes, gravaron nun croma, aprenderon un pouquiño sobre a edición de video e, sobre todo, colaboraron entre eles, axudáronse e puxeron ilusión e empeño para lograr un marabilloso produto final. 

Engadimos tamén imaxes do día de caracterización e gravación no que Zeltia de LOAN, acudiu ao cole para facer realidade o soño destes nenos e nenas e conseguir caracterizalos tal e como eles querían. 

VIDEO CÓMIC " SUPERHEROES DE QUIROGA"





COMO SE FÍXO 

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE ARTÍSTICO












martes, 6 de xuño de 2023

ESCRITURA CREATIVA DO LIBRO ILUSTRADO " EL LÁPIZ" DE HYEEUN KIM.


Para conmemorar o día do medio ambiente, o alumnado de sexto de primaria escribiu un texto a partires do libro ilustrado " El lápiz". O alumnado apreciou a marabilla de libro da ilustradora coreana Hyeeun Kim, e inspirados polas súas imaxes, moi realcionadas coa natureza, elaboraron unha historia. 











venres, 2 de xuño de 2023

OBRADOIRO DE BORDADO EN ILUSTRACIÓN "TECENDO SOÑOS"


 Alumnas e alumnos de 5º e 6º de educación primaria levaron a cabo un obradoiro de bordado en ilustración, inspirados na artista mexicana Victoria Villasana. Quedamos marabillados co resultado pero sobre todo, co proceso. Foi incrible observar o proceso creativo, onde a colaboración entre eles, a calma, a concentración e a expresión artística foi a tónica destes días de costura. Aquí vos deixamos un video resumo dos resultados e de todo o proceso. 



xoves, 1 de xuño de 2023

XORNADA DE ANIMACIÓN CON BRANCA VILLARES

O día 25 de maio visitounos Branca Villares a través dunha actividade organizada pola ANPA. Deleitounos con cantigas e bailes. Desfrutamos moito da súa actuación! Moitas grazas pola túa visita, desexamos que volvas pronto!