luns, 23 de xaneiro de 2023

ACTIVIDADE DE INCLUSIÓN COA ONG "Miradas al Mundo"

 Hoxe estiveron na biblioteca do colexio, María e Bebe, da ONG “Miradas al mundo” coa que o colexio colaborou varios anos cun mercadiño solidario que organizábamos o 25 de maio “Día de África” e que tivemos que interromper a causa da pandemia. María e Bebe ensinaron ao alumnado do colexio a dura vida dos nenos e nenas de Guinea Bissau. Tamén tiveron ocasión de falar con eses nenos e nenas de África por medio de videoconferencia. Terminou a mañá bailando ritmos africanos con Bebe, todos xunta no patio do colexio. Foi unha experiencia inesquecible.

No mes de maio voltearemos a realizar o mercadiño solidario para axudar aos nenos e nenas de Guinea Bissau que non teñen tanta sorte coma nós. Grazas por este día tan especial a María e Bebe!






martes, 17 de xaneiro de 2023

O ALUMNADO DO IES VISITA A NOSA BIBLIOTECA

O luns, día 16, estiveron na biblioteca do colexio un grupo de alumnas e alumnos de primeiro e segundo da ESO do IES de Quiroga facendo diferentes experimentos para todo o alumnado do CEIP. Por grupos, desde infantil a primaria, o alumnado observou con moito interese esta demostración. Sen dúbida unha experiencia moi positiva de colaboración entre os dous centros.








venres, 13 de xaneiro de 2023

VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NA BIBLIOTECA

 As alumnas e os alumnos de 5º e 6º de primaria comezaron hoxe o voluntariado na biblioteca. Por equipos farán gardas de recreo na mesma, cun labor de axudar e mantela orde, asi como ocuparse de que todos deixen os xogos ou libros no seu sitio.





xoves, 12 de xaneiro de 2023

BOLETIN DE ACTIVIDADES DO 2º TRIMESTRE



 

LANZAMOS AS BOMBAS DE SEMENTE NO XEOPARQUE

Unha vez que aprendemos a técnica da elaboración de bombas de semente, tocaba revexetar parte dos terreos do noso xeoparque que foran afectados polo gran incendio do verán pasado. Aquí unha pequena mostra do alumnado de 3ª de primaria e as zonas elixidas para lanzar as bombas de semente confeccionadas con arxila seca . No seu interior gardaban sementes de toxo, xesta e trebo.
Moitas grazas á Asociación do Xeoparque Montañas do Courel por este interesantísimo obradoiro.








martes, 10 de xaneiro de 2023

AS NAIS CONTAN CONTOS

 Esta semana tivemos na biblioteca a visita de Fani, nai de Valeria, quen contou un conto aos nenos e nenas de educación infantil. Foi unha bonita experiencia, que os máis pequenos do cole disfrutaron moito, especialmente Valeria. Animamos a todos os papis e mamis a vir ao cole!







luns, 9 de xaneiro de 2023

XOGOS. DISCAPACIDADE VISUAL

 O alumnado de 5º e 6º de primaria participaron nun obradoiro de xogos sensoriais na biblioteca do cole. Este ano, para conmemorar o día do Braille, puxéronse na pel de persoas con discapacidade visual. Xogaron ao memory, a completar formas, a copiar series e mesmo ao xadrez!

Unha semana máis tarde, despois de debater sobre a complexidade ou non de adaptar xogos de mesa para persoas con discapacidade visual, o alumnado elaborou distintos xogos que puxeron a disposición de todo o colexio nun carriño da biblio.