martes, 31 de maio de 2022

SINAIS DO CAMIÑO EN 3D

Os nenos e nenas de 1º e 2º, acudiron ao Recuncho Creativo da nosa biblioteca para rematar as súas sinais do camiño de inverno empregando os lápices 3D. Xa son uns expertos!

 

OBRADOIRO DE ZOADEIRAS

 Onte, día 30 de maio, estivo na biblioteca do colexio aCentral Folque para levar a cabo un obradoiro de construción de zoadeiras (instrumentos que imitan o son das abellas) co alumnado de 5º e 6º de EP. Esta actividade forma parte do Proxecto Alvariza, iniciativa promovida polo organismo público Acción Cultural Española e o programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Premer AQUI para ver todas as fotos 

 




 

luns, 16 de maio de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Conmemoramos O Día das Letras Galegas cun retrato colaborativo do autor homenajeado, Florencio Delgado Gurriarán, elaborado coa técnica do mosaico polo alumnado de educación primaria.




mércores, 4 de maio de 2022

PLAN PROXECTA: VEXO, VEO XACOBEO

O alumnado de infantil, primeiro e segundo participou onte nunha actividade de contacontos enmarcada dentro do Plan Proxecta "Vexo, veo Xacobeo". Aprenderon moito sobre o Camiño de Santiago e deixaron as súas pegadas como bos peregrinos.







luns, 2 de maio de 2022

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe está na biblioteca do colexio Rodrigo, do programa Navega con Rumbo da Consellería de Educación, que falou ao alumnado de quinto e sexto dos perigos de internet e deulles consellos para un bo uso da rede.