Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de novembro de 2025

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Con motivo do día Contra a Violencia Machista, as traballadoras do Centro de Información á Muller do concello trasladáronse ao colexio para impartir o obradoiro “ASÍ TRATAMOS BEN, ASÍ NON TRATAMOS A NINGUÉN”. Aproveitando a data, agasallaron aos nenos e nenas cunha bufanda tubular térmica.









luns, 27 de novembro de 2023

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia machista, estiveron na biblioteca do colexio Marisa e Esther, abogada e psicóloga respectivamente do Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga. Levaron a cabo con todo o alumnado do centro diversos obradoiros sobre o CONSENTIMENTO. 

Para ver as fotos premer na imaxe:



luns, 28 de novembro de 2022

venres, 25 de novembro de 2022

25N: INMARCESIBLES

Hoxe, 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara as mulleres, visitounos na biblioteca do colexio Patricia González Vidal, traballadora social do concello de Sober, que presentou ao alumnado de quinto e sexto de primaria, o proxecto INMARCESIBLES. Actividade a prol da igualdade e que pretende realzar a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal é como é e non como pretenden que sexa os cánones de beleza socialmente establecidos.