xoves, 27 de abril de 2023

OBRADOIRO DE COLLAGE E FOTOGRAFÍA


Hoxe tivemos unha visita especial na nosa biblio. O fotógrafo Mark Ritchie, visitounos para facer un obradoiro de collage e fotografía co alumnado de primeiro, segundo e terceiro. Empregaron materiais variados, elaboraron a súa composición relacionada co noso proxecto
"Quiroga terra de ríos" e levárona a unha caixa de luz na que fotografaron cunha cámara réflex. Marabilla de experiencia!! Grazas @markritchie.foto

 
 


 

 

CONTACONTOS SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Para conmemorar a Semana do Libro, as familias do alumnado de Educación Infantil viñeron a contarnos un conto.
O luns veu a mamá de Sara, Mari, a contarnos o conto “El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa”.
O martes veu a mamá de Valeria, Fani, a contarnos o conto “Un pouco perdido”.
O mércores foi a mamá de Melina, Cris, a que nos contou “¿Qué te contaría si pudiera hablar?
O xoves animouse o papá de Claudia, Toni, a contarnos “Pirracas e as patacas”.
E, o venres, foron as mamás de Alejandra e de Eiden, Yoli e Belén, as que nos contaron “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” e “A ovella que chocou un ovo”.
Moitas grazas a todas e todos por facernos pasar un rato tan agradable!




 

 

luns, 24 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

 Conmemoramos o 23 de abril, o Dia do Libro, coa elaboración nas clases de frases motivadoras cara a lectura. Despois con esas frases decoramos as escaleiras do vestíbulo. Quedaron moi ben!!




venres, 14 de abril de 2023

OBRADOIRO DE CREACIÓN INTERACTIVA

 

Obradoiro de creación interactiva. Hoxe tivemos ao alumnado de cuarto argallando na biblio, cuns axudantes expertos de sexto. Aprenderon a usar as placas facendo soar plátanos e culleres. Xa lle atoparon outra utilidade.








 

xoves, 6 de abril de 2023

COLEXIO BENQUERER. PALABRAS

Dentro do programa “Colexio do Benquerer” da fundación Meniños, continuamos coas actividades propostas. Nesta ocasión con “palabras doces, palabras amargas”. Partindo do texto “Las palabras de nuestra vida”, de Juan José Millás, o alumnado reflexionou sobre a responsabilidade afectiva. Cada alumno/a plasmou nun anaco de papel aquelas palabras amargas que escoitaron algunha vez e os marcaron por algún motivo. Despois, outro compañeiro/a transformou esas palabras en doces. O resultado foi exposto nun mural.