Necesitamos un nome e unha mascota e gustaríanos contar coa túa axuda, por iso convocamos un
CONCURSO DE MASCOTAS PARA A BIBLIOTECA DO COLEXIO.
C Poderán participar todos os nenos e todas as nenas do colexio xunto coas súas familias, se o desexan.
C Cada alumno (e familia) só poderá presentar unha mascota.
CA mascota pode ser, un animal, un personaxe, un obxecto ...
C A mascota poderase entregar en calquera formato: pódese debuxar, deseñar por ordenador... como se queira. A única condición é que ten que estar relacionada coa lectura, os libros, os contos, as bibliotecas…
C Os traballos deben ir acompañados co nome e o curso do autor
así como CO NOME DA MASCOTA.
C Todos os traballos seleccionados, expoñeranse na Biblioteca do colexio, así como na páxina Web.
C Os traballos entregaranse a cada titor antes do día 31 de outubro.
C O Equipo da biblioteca decidirá que traballo é o gañador entre todos os seleccionados
C O gañador/a do concurso terá os seguintes premios:
· O recoñecemento oficial do centro como autor/a da mascota de biblioteca
· Un libro
· Ter o honor de asinar no Libro de Honra da Biblioteca.
ÁNIMO E SORTE!

En breve chegará aos centros o cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a
A formación do alumnado en actitudes solidarias e de compromiso co seu entorno máis próximo, pero tamén co mundo no que vive e coa sociedade na que está integrado, pode facerse desde varios ámbitos (a ecoloxía e o medio ambiente, a saúde, a mediación para a convivencia, a coeducación, a igualdade, a implicación na cultura de Paz ou de defensa dos Dereitos Humanos, a educación en valores en xeral), sendo este ámbito da biblioteca e da lectura, unha posibilidade ao alcance de todos os centros que contan cunha biblioteca activa como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.