venres, 15 de decembro de 2023

ELABORAMOS POSTAIS DE NADAL

Como é tradición elaboramos unhas postais para felicitar as festas de Nadal.

Pero... nesta ocasión quixemos darlles un uso diferente e decidimos que estas postais ían ir destinadas a diversos organismos da zona: o concello de Quiroga, de San Clodio e o de Caurel; o centro de día da Ribeira e as residencias de Quiroga e San Clodio, o IES e a Escola Infantil de Quiroga e os colexios de San Clodio e Caurel.  Aquí vos amosamos o bonitas que quedaron!!! 




martes, 5 de decembro de 2023

XA TEMOS IMAGOTIPO. XORNADA ELECTORAL

Pois xa temos gañador da elección do imagotipo que representará o noso proxecto: “Un territorio con moita historia”. Despois dun proceso electoral democrático no que participou todo o alumnado do colexio… o imagotipo gañador é o de… Leo de sexto.
Aquí deixamos un resumo da xornada electoral. Parabéns a Leo e aos demais deseñadores, todos fixeron un estupendo traballo!!! Parabéns tamén aos membros da mesa electoral!!


mércores, 29 de novembro de 2023

PDI: BUSCAMOS UN IMAGOTIPO

No colexio estamos a traballar cun proxecto documental integrado que leva por título “Un territorio con moita historia”. Estamos a buscar un imagotipo para este proyecto. Para iso todos os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria crearon os seus propios deseños. Todo o alumnado do colexio votará democráticamente, o próximo día 5, cal será o imagotipo que represente o noso proxecto. Estes son os deseños finalistas presentados polos seus creadores.



martes, 14 de novembro de 2023

MURAL DO PROXECTO: UN TERRITORIO CON MOITA HISTORIA

 E así nos quedou o mural colaborativo no que participaron moitos alumnos e alumnas do cole. Neste mural tratamos de recoller o máis relevante da historia do noso territorio.



venres, 3 de novembro de 2023

VISITA A UN MUÍÑO DE ACEITE

 O luns 30 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria, realizou a primeira das saídas programadas para este trimestre.

Acompañados/as polas titoras e o mestre de EF, visitaron a almazara Ouro de Quiroga, onde coñeceron de primeira man todo o proceso extractivo do AOVE de Quiroga.
Tiveron tamén oportunidade de coñecer dúas oliveiras que hai alí plantadas e que pertencen ás variedades autóctonas "brava" e "mansa".








xoves, 2 de novembro de 2023

FESTEXAMOS O SAMAÍN

Coma anos anteriores, dende o cole festexamos o Samaín en colaboración coas familias. 

Este curso, pedimos que os nenos e nenas trouxeran da casa un sombreiro decorado con elementos de Samaín: bruxas, arañas, ollos, morcegos, teas de araña...non faltou detalle. 

Os resultados foron espectaculares. Temos verdadeiros artistas!!! Por suposto miles de grazas ás familias pola implicación. 

Ata o ano que ven Samaín...!! 




mércores, 1 de novembro de 2023

OBRADOIRO DE SAMAÍN: AS FAMILIAS COLABORAN COA BIBLIOTECA ESCOLAR

 O luns, día 30 de outubro, Mayte, a nai de Irene de sexto de primaria, levou a cabo un obradoiro de manualidades co alumnado desa aula. Os nenos e as nenas desfrutaron moitísimo e crearon uns adornos moi terroríficos. Moitas grazas Mayte!!





martes, 31 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS: PRESENTACIÓN DO LIBRO "UNHA ESTRELA PARA AMINA"

 Para conmemorar o Día das Escritoras (17 de outubro) visitou a biblioteca do centro a escritora Celia Díaz Núñez, que presentou ao alumnado de 5º e 6º de primaria a súa obra  "Unha estrela para Amina", que é un fermoso conto contado por unha boneca que conta o que nunca se conta o que nunca se contou. Fala desas guerras invisibles, desas persoa s que están refuxiadas e das que ninguén quere saber.

Celia Díaz Núñez naceu no Páramo (Lugo) `pero pasou toda a súa infancia e xuventude en Quiroga, onde aínda vive a súa familia. Desenvolveu a súa actividade docente en Ourense como profesora de ensino secundario e universitario.  

En Galaxia publicou na colección Literaria a novela Unha verdade amarga e o libro de relatos Corte e confección, e para o público xuvenil as novelas A boca do monte (colección Costa Oeste, finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016), Rugando, o misterio do cuarto secreto (colección Costa Oeste, Premio Pura e Dora Vázquez 2012) e a obra teatral Unha estrela para Amina (colección Árbore, Premio O Facho de Teatro Infantil 2019).

Publicou ademais a novela xuvenil Adeliña (Premio Pura e Dora Vázquez, 2003) e as obras teatrais Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, 2004), O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio O Facho de Teatro Infantil 2016) e Velaí vai o papaventos (2014).

É tamén autora do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra (1995) e de materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.






martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS: FORMACIÓN DE USUARIOS

A Formación de Usuarios da Biblioteca este curso corre a cargo do alumnado de 5º e 6º de primaria, que nos explican o seu funcionamento a través dun vídeo co que se pretende: dar a coñecer os diversos recursos da biblioteca, formar aos distintos usuarios no manexo das ferramentas que a biblioteca pon a súa disposición e ensinar os diferentes recunchos da biblioteca.




luns, 23 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS: FORMACIÓN LEGAR

 O día 24 de outubro conmemórase o Día das bibliotecas, con este motivo a Biblioteca pública municipal brindou ao noso alumnado a posibilidade de vivir un espectáculo marabilloso a cargo da Fundación Legar. Unha vez máis quedamos encantados coa actuación de Martina e Xavier. Esta actividade foi realizada no ximnasio do colexio, por falta de espazo na biblioteca para acoller a todo o alumnado e foi debida a estreita colaboración entre a nos biblioteca e a biblioteca municipal.




mércores, 18 de outubro de 2023

PDI: UN TERRITORIO CON MOITA HISTORIA

Comezamos curso e comenzamos novo proxecto Documental Integrado. Traballaremos a historia do noso territorio desde diferentes puntos de vista.

Este PDI titulado "Un territorio con moita historia" está enmarcado no Plan Proxecta , dentro da liña de actuación Proxecto Terra.









luns, 25 de setembro de 2023

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: UN TERRITORIO CON MOITA HISTORIA

Este curso queremos traballar o noso territorio dende un enfoque histórico a través da pegada dos nosos devanceiros e devanceiras. Traballaremos de xeito transversal todos os conceptos relacionados coa historia da nosa comarca e afondaremos nos espazos e os lugares que habitamos ao longo do tempo para conectalos co noso sentido como pobo.

Como portada do portfolio do alumnado onde recolleran todos os traballos relacionado co PDI. a profe Belén deseñou unha portada que recompila parte do nosa historia.



xoves, 8 de xuño de 2023

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE ARTÍSTICO E ELABORACIÓN DUN VIDEO CÓMIC


O alumnado de sexto estivo traballando na realización dun video cómic. Crearon e seleccionaron personaxes de cómic, pensaron no vínculo que poderían ter entre eles, elaboraron un guión e as diferentes escenas que terían que gravar, traballaron na caracterización dos seus personaxes, gravaron nun croma, aprenderon un pouquiño sobre a edición de video e, sobre todo, colaboraron entre eles, axudáronse e puxeron ilusión e empeño para lograr un marabilloso produto final. 

Engadimos tamén imaxes do día de caracterización e gravación no que Zeltia de LOAN, acudiu ao cole para facer realidade o soño destes nenos e nenas e conseguir caracterizalos tal e como eles querían. 

VIDEO CÓMIC " SUPERHEROES DE QUIROGA"





COMO SE FÍXO 

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE ARTÍSTICO












martes, 6 de xuño de 2023

ESCRITURA CREATIVA DO LIBRO ILUSTRADO " EL LÁPIZ" DE HYEEUN KIM.


Para conmemorar o día do medio ambiente, o alumnado de sexto de primaria escribiu un texto a partires do libro ilustrado " El lápiz". O alumnado apreciou a marabilla de libro da ilustradora coreana Hyeeun Kim, e inspirados polas súas imaxes, moi realcionadas coa natureza, elaboraron unha historia. 











venres, 2 de xuño de 2023

OBRADOIRO DE BORDADO EN ILUSTRACIÓN "TECENDO SOÑOS"


 Alumnas e alumnos de 5º e 6º de educación primaria levaron a cabo un obradoiro de bordado en ilustración, inspirados na artista mexicana Victoria Villasana. Quedamos marabillados co resultado pero sobre todo, co proceso. Foi incrible observar o proceso creativo, onde a colaboración entre eles, a calma, a concentración e a expresión artística foi a tónica destes días de costura. Aquí vos deixamos un video resumo dos resultados e de todo o proceso. 



xoves, 1 de xuño de 2023

XORNADA DE ANIMACIÓN CON BRANCA VILLARES

O día 25 de maio visitounos Branca Villares a través dunha actividade organizada pola ANPA. Deleitounos con cantigas e bailes. Desfrutamos moito da súa actuación! Moitas grazas pola túa visita, desexamos que volvas pronto!





martes, 30 de maio de 2023

DINÁMICA: MÚSICA DE RAÍZ. FUNDACIÓN LEGAR

O alumnado de 5º e 6º de primaria disfrutou na biblioteca dunha animada dinámica a cargo de Martina e Xavier da Fundación Legar, os que lles ensinaron gran variedade de instrumentos musicais que fabricaban os nosos antepasados cos materiais que nos proporciona a natureza. 

Durante esta actividade, os nenos e nenas puideron coñecer máis sobre a música étnica, folk e de patrimonio cultural, grazas a esta entidade formada para difundir, promover e preservar a música de raíz.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe



xoves, 25 de maio de 2023

CONSTRUÍMOS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

 Na tarde do martes 23 de maio, o alumnado de terceiro e cuarto de EP, realizou un obradoiro para construir un circuito eléctrico seguindo as instrucións dadas por Ángel, pai dun alumno deste centro e técnico electricista de Iberdrola que traballa no encoro de San Martiño.

Ademais de instruirnos en como realizar o circuito, Ángel falounos do seu traballo e como se fabrica enerxía eléctrica coa auga dos encoros dos ríos, neste caso coa auga do río Sil. Moitas grazas Ángel!!










martes, 23 de maio de 2023

PROBAMOS FROITAS EXÓTICAS

 No cole de Quiroga tivemos a visita de Julio Ferrín, propietario da tenda "As 3 en cunca". Explicou ao alumnado que é o comercio de proximidade, a importancia e o impacto que ten na nosa vila.

Despois ofreceunos unha cata de froitas moi particulares: a pitahaya, a carambola, o tamarindo e o phisalys. O alumnado, ademais de aprender de que pranta ou árbore viñan, probaron todas! E repetiron!
Ata comimos unha flor (de hibisco) que sabía a chuche!
Moitas grazas pola túa visita, Julio!




mércores, 17 de maio de 2023

ENTREGA DE PREMIOS "DÍGOCHO EU"

 Os nosos nenos e nenas coas súas profes estiveron en Santiago, na Cidade da Cultura, recollendo o premio do concurso de vídeos "Dígocho eu". Neste concurso participaban centros de toda Galicia.

Podemos ver as fotos premendo na imaxe: